Rueda pedirá por carta á ministra de Transportes que compense "canto antes" a suba das peaxes aos usuarios

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/11/2022 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, remitirá unha carta á ministra de Transportes, Raquel Sánchez, para solicitar ao Goberno central que compense os galegos pola suba das peaxes o próximo ano e que o faga "canto antes".

Así o anunciou este venres en Lugo, onde explicou que incidirá ante a ministra en que este incremento "vai causar moito impacto nos usuarios".

"O Goberno ten que actuar como fixo a Xunta de Galicia, compensando esa subida para que os usuarios non o noten. Coido que é o que hai que facer e haino que facer canto antes", urxiu.

Peaxe
Peaxe | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta