Prestige.- O 19 de novembro o buque pártese en dous e o Goberno di que o 'chapapote' se solidificará no fondo do mar

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 19/11/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O 19 de novembro de 2002 chega o que durante tantos días se prevía que ía suceder: o 'Prestige' pártese en dous ás 8:00 horas da mañá, afundíndose por completo horas despois, acadando unha profundidade de máis de 3.000 metros, e a unhas 138 millas da costa e a 260 kilómetros das Illas Cíes.

Voluntarios limpan nas praias o chapapote do 'Prestige'
Voluntarios limpan nas praias o chapapote do 'Prestige' | Fonte: Miguel Núñez.

A preocupación é máxima, a 'marea negra' parece imparable. Os científicos aseguran que o 'chapapote' non se solidificará na profundidade, lamentablemente, polo que non será doada a súa retirada, xa que pola mezcla con gasoil require dunhas temperaturas baixo cero para que iso suceda. E, aínda que as augas do Atlántico galego non están quentes, ben o sabemos, non é para tanto como para conxelarse.

Con todo, o Goberno, quizáis por quitarse de ter que dar explicacións e por non alarmar sobre a catástrofe medioambiental que xa era realidade, deu públicamente por feito a solidificación do 'chapapote'. Ademais, afirman que se colocaron 18 kilómetros de barreiras anticontaminación, cifra que logo terá que ser rebaixada por Mariano Rajoy ao día seguinte. 

Cabe recordar que chegados a este punto, o afundimento, o buque leva sendo remolcado dun lado para outro durante 6 días, nos cales recorreu 243 millas e 450 kilómetros, derramando o verquido ao seu paso, regándoo por toda a costa galega. Remolcar por remolcar, pois non había un rumbo claro cara onde poder levar o 'Prestige'.

Nese momento, 5.000 toneladas de 'chapapote' estaban dispersas polo mar, e achegábanse xa ata as Rías Baixas. Os tanques estaban sendo vaciados a pasos axigantados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta