Deputados galegos do PP rexistran unha proposta no Congreso para conxelar as peaxes na AP-9 e AP-53

Tamén rexistrou o luns iniciativas similares no Parlamento galego, nos concellos e nas deputacións.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/11/2022 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Os deputados galegos do PP rexistraron unha proposición non de lei (PNL) no Congreso para reclamar ao Goberno central que adopte medidas para conxelar as peaxes das autoestradas estatais AP-9 e AP-53.

Os deputados galegos do PP no Congreso
Os deputados galegos do PP no Congreso | Fonte: PP.

Os populares advirten de que a AP-9 é "a vía de comunicación máis importante de Galicia", pero tamén una das "máis caras" de todo o Estado, cunha media de 6,12 céntimos por quilómetro, contando bonificacións. Ademais, a AP-53, "sen ningún tipo de bonificación, o custo medio chega ata os 7,77 céntimos".

Neste contexto, os deputados do PP sinalan que ambas as vías "seguirán encarecéndose en xaneiro coa suba do IPC se o Goberno central non o remedia". No caso da AP-9, falan dun 9 por cento de incremento, ao que habería que sumarlle un 1 por cento pola compensación a Audasa polas obras da Ponte de Rande e da circunvalación de Santiago que "foi autorizada por un Goberno socialista".

Así, tendo en conta a crise de prezos, os populares critican que o Executivo estatal "non previse ningunha medida" nos Orzamentos Xerais para 2023 co obxectivo de "paliar os efectos deste impacto no peto das familias e na competitividade das empresas".

Fronte a iso, pon como exemplo a "previsión" da Xunta, que decidiu conxelar as peaxes das estradas de titularidade autonómica para 2023. Por iso, consideran que é "cuestión de vontade política" e aseguran que o Goberno aínda "está a tempo".

Á parte da PNL do Congreso, o PP tamén rexistrou o luns iniciativas similares no Parlamento galego, nos concellos e nas deputacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 PPSOE

Noxo... hipocritas de merda... e todo o demáis.