Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2022 | Actualizada ás 13:30
O Concello da Coruña pechará este xoves o paseo marítimo e os dous carrís máis próximos desde a Coraza ata Riazor, entre as 15,00 e as 17,00 horas coincidindo coa pleamar, debido ao temporal que mantén en alerta laranxa por ondada á costa coruñesa.
Segundo informou o Concello a través das redes sociais, os outros dous carrís, os máis próximos aos edificios, permanecen abertos ao tráfico, cada un nun sentido da circulación.
As autoridades recomendan aos cidadáns que se utilicen o túnel da Mariña e Linares Rivas, como vías alternativas en sentido de saída da cidade, co obxectivo de evitar aglomeracións.
Ademais, do mesmo xeito que este mércores, mantéñense pechados por motivos de seguridade as praias, parques e xardíns. Así, a alerta laranxa continúa activas ata as 00,00 horas deste venres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.