Sanidade pecha de novo os "vacunódromos" e vacinará de covid e gripe en hospitais

Será a través de cita.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2022 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O vindeiro mércores volverán pechar os grandes centros de vacinación onde a Consellería de Sanidade administrou durante as últimas semanas as vacinas contra covid-19 e gripe a maiores de 60 anos e poboación de risco.

Deste xeito, segundo anunciou este venres a Administración autonómica, a partir do 1 de decembro vacinarase nos hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) a través do sistema de autocita.

Os interesados poderán agendar as súas citas de luns a sábado en quenda de mañá Tamén se administrarán vacúas dúas tardes á semana. No caso dos hospitais comarcais, abriranse as axendas tres días pola mañá --unha será o sábado-- e unha tarde á semana.

Sanidade apunta que estas opcións de vacinación "estarán activas ata o final da campaña da gripe". As autocitas deben xestionarse a través da web do Sergas ou na súa aplicación móbil.

Unha persoa maior á súa entrada para vacinarse da cuarta dose de Pfizer na Cidade da Cultura
Unha persoa maior á súa entrada para vacinarse da cuarta dose de Pfizer na Cidade da Cultura | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta