A Xunta modifica os estatutos da Acsug para que poida entrar a Universidade de Abanca

Ratifica que este cambio "non leva aparellados investimentos" por parte das arcas autonómicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2022 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta deu este xoves 'luz verde' á modificación dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug) para permitir a entrada da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), promovida por Abanca.

Se tratal, tal e como argumenta o Goberno galego, de "dar cumprimento á normativa vixente", xa que a UIE, igual que o resto de universidades aprobadas por lei --neste caso, de xullo de 2021--, xa forma parte do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Trátase dunha modificación do artigo 2 dos estatutos da Acsug cuxo borrador xa fora presentado en outubro aos sindicatos. O novo texto fixa expresamente que forma parte deste organismo, ademais da Xunta e do tres universidades públicas --A Coruña, Santiago e Vigo, as únicas que había ata o momento--, a institución privada que promove Abanca.

No seu momento, fontes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ratificaron a Europa Press que, como integrante do SUG, a Universidade Intercontinental da Empresa "debe estar como membro de pleno dereito" non só na Acsug, senón tamén no Consello Galego de Universidades.

De feito, a propia lei do SUG, do ano 2013, establece que nestes dous órganos deben estar representadas todas as universidades constituídas na Comunidade, incluídas as privadas. En calquera caso, a Xunta ratifica que este cambio "non leva aparellados investimentos" por parte das arcas autonómicas.

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda Valenzuela, preside a reunión do Consello da Xunta no Parlamento de Galicia. Parlamento de Galicia, Santiago de Compostela, 01/12/22.. XUNTA / Europa Press
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda Valenzuela, preside a reunión do Consello da Xunta no Parlamento de Galicia. Parlamento de Galicia, Santiago de Compostela, 01/12/22.. XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta