O prezo do aluguer en Galicia sobe un 0,5% en novembro,

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2022 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

O prezo medio do aluguer en Galicia subiu un 0,5% durante o mes de novembro, en comparación con outubro, segundo datos do último informe publicado este venres polo portal inmobiliario Idealista. No conxunto do Estado a suba é do 0,9%.

Desta maneira, a subida dos alugueres galegos sitúase por baixo da alza a nivel estatal, xa que as rendas no total de España incrementáronse de media un 0,9%. En concreto, os inquilinos pagan uns 7,6 euros por metro cadrado en Galicia, un 4,5% máis que hai un ano, pero aínda lonxe do dato estatal, que sobe aos 11,3 euros o metro, un 7,3% máis que en novembro de 2021.

Por provincias, Pontevedra é a máis cara, con 8,9 euros o metro cadrado alugado, un 0,4% máis que en outubro e un 2% máis que hai un ano. Séguelle A Coruña, con 7,3 euros/m2 e unha subida do 0,1% en novembro e do 4,8% nos últimos doce meses.

En Lugo (5,7 euros/m2) e en Ourense (6,2 euros/m2) tamén se rexistraron incrementos no último ano, do 6,3% e do 10,9%, respectivamente. Con todo, na primeira delas o aluguer baixou en novembro un 1,6% respecto de outubro, mentres que en Ourense subiu un 2,1%.

Unha calculadora e unhas chaves sobre un contrato de arrendamento (aluguer) dunha habitación nunha vivenda compartida
Unha calculadora e unhas chaves sobre un contrato de arrendamento (aluguer) dunha habitación nunha vivenda compartida | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta