200 alumnos galegos farán un intercambio con mozos franceses para "potenciar a aprendizaxe da lingua"

Deberá asistir ás clases no instituto que se lles asigne e aloxaranse en casa dunha familia francesa

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2022 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

Un total de 200 alumnos e 20 profesores de 3º e 4º de ESO participarán no programa de intercambio con mozos de centros educativos franceses das rexións académicas Hauts-de-France e Bretagne.

O obxectivo destas iniciativas, enmarcadas na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2030, é potenciar a aprendizaxe activa da lingua francesa dos alumnos galegos e mellorar a súa competencia lingüística.

"Desta forma promóvese a convivencia escolar, lingüística e cultural entre Galicia e estas dúas rexións francesas, tendo en conta o enrome interese que o ensino da lingua, a literatura e a cultura, tanto galegas como españolas, suscitan na rexión francesa", reivindicou a Xunta nun comunicado.

Durante o período de intercambio, o alumnado galego deberá asistir ás clases no instituto que se lles asigne e aloxaranse en casa dunha familia francesa e viceversa no caso da estancia dos estudantes galos en Galicia.

Arquivo - Alumnos do Instituto San Isidoro de Sevilla no primeiro día do comezo das clases de Secundaria e Bacharelato en 2020. María José López - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Alumnos do Instituto San Isidoro de Sevilla no primeiro día do comezo das clases de Secundaria e Bacharelato en 2020. María José López - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta