O CESM pide que médicos que traballan na pública e na privada cobren o complemento específico

Din que o ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "comprometeuse no seu día a resolver ese agravio".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2022 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

A Delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) esixiu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a través dunha carta, que "con carácter de urxencia" se arbitren as medidas necesarias para que os facultativos que compatibiliza a súa actividade na sanidade pública e na privada poidan percibir tamén o complemento específico.

O sindicato sinalou nun comunicado que "privar" a estes médicos desa retribución "supón unha clara discriminación ao incumprirse o principio xurídico de 'igual traballo igual salario'".

Ademais, destacou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) "impón a obrigación de renunciar a esta retribución na súa totalidade para poder compatibilizar a súa actividade". Nesta liña, o sindicato fixo fincapé en que os facultativos de Galicia e Asturias son os únicos que non cobran este complemento específico.

Así mesmo, indicou que o ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "comprometeuse no seu día a resolver ese agravio, pero ata o momento non se fixo absolutamente nada desde a Administración autonómica".

Médico e prescrición de receita
Médico e prescrición de receita | Fonte: Icomen

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta