O alcalde de Ribeira denuncia un "trato inxusto" á súa afección de fútbol no campo do Vista Alegre de Santiago

Fala de "cacheos e controis de drogas e alcoholemia" a familias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2022 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, pediu "respecto" para a afección do Ciudad de Ribeira Club de Fútbol por mor do que cualifica como "inxusto trato" recibido na tarde do domingo na súa visita ao campo de fútbol do Vista Alegre en Santiago.

Afeccionados de fútbol de Ribeira
Afeccionados de fútbol de Ribeira | Fonte: CONCELLO DE RIBEIRA.

Nun comunicado, denuncia que "para unha trintena de persoas congregadas, a metade delas mulleres e o resto, homes e nenos, había cinco furgóns policiais, sometendo a varios dos seareiros do equipo ribeirense a cacheos e a controis de drogas e alcoholemia, illándoos unha vez dentro da instalación".

O alcalde considera que esta actuación foi "desmedida" e explica que así llo trasladou tanto ao presidente da Federación Galega de Fútbol como ao comisario da Policía Nacional de Ribeira e ao concelleiro delegado de Seguridade de Santiago.

Manuel Ruiz asegura que "non se pode consentir que polo feito de que algunha persoa ocasionase problemas nalgún campo, que ademais está perfectamente identificada con nomes e apelidos, se vaia estigmatizar agora a toda unha afección que sempre foi modélica e exemplar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta