Pontón acusa ao PP de "pór en risco a saúde das persoas" con "mentiras e manipulacións"

Denuncia que Rueda "quere tapar a desfeita sanitaria".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2022 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón compareceu este mércores ante o Hospital Montecelo de Pontevedra para "denunciar a situación de extrema gravidade que está a vivir a sanidade pública" en Galicia.

A portavoz do BNG culpa deste "colapso, falta de medios e precariedade" ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao que acusou de "estar escondido detrás de mentiras e manipulacións que queren tapar a desfeita sanitaria que se está producindo despois de 13 anos de recortes".

"O Partido Popular está a pór en risco a saúde das persoas", avisou a dirixente nacionalista, quen reprochou a "xestión caótica" da Xunta pola súa "falta de planificación" e por non "anticiparse" aos problemas e dotar aos centros de saúde e hospitais de "os recursos necesarios para poder atender ás persoas que están enfermas".

CATRO PROPOSTAS

Ana Pontón anunciou catro propostas do BNG dirixidas ao presidente da Xunta. A primeira é "que dea a cara" comparecendo no Parlamento "para explicar á cidadanía que medidas vai tomar ou goberno do PP ante a situación de colapso de atención primaria e das urxencias hospitalarias": "Non pode seguir escondido no seu despacho de San Caetano ", insistiu Pontón.

O BNG tamén pide a Alfonso Rueda "que rectifique" e poña en marcha un "plan de reforzo de atención primaria dotado con 200 millóns de euros". A terceira proposta que expón o Bloque ao presidente autonómico é que planifique e aprobe un programa para incorporar novos servizos nos centros de saúde, con especialidades como psicoloxía clínica, xa que segundo os datos que manexan, o 30% das consultas teñen que ver coa saúde mental. Por último, o BNG pide un plan para eliminar as listas de espera con 149 millóns de euros.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta