La Voz reúne na Coruña á cúpula do PP con Rajoy ao fronte

É a primeira vez que un presidente español acude a entrega do premio Fernández Latorre que este ano é para Xosé Luis Barreiro Rivas, curiosamente, quen defenestrou a Rajoy nos anos oitenta. Esta é a crónica dunha viaxe de ida e volta e dunha caste que pretende dominar o país.

Por Xurxo Salgado | A Coruña | 20/11/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A política é un mundo tan, tan complicado e dá tantas voltas que pode facer, en 30 anos, que quen comezou sendo un prominente líder do PPdeG con Fraga, que logo flirteou co PSOE de Zapatero e despois co BNG de Quintana, acabe volvendo ao redil con outro popular, Mariano Rajoy, a quen previamente tentara apartar da política.

Feijóo, Rajoy e Ana Pastor nun acto en Galicia
Feijóo, Rajoy e Ana Pastor nun acto en Galicia | Fonte: PPdeG

Ese é Xosé Luis Barreiro Rivas, un home con cintura e habilidade política que, este ano, é o elexido por Santiago Rey, o propietario de la Voz de Galicia, para recibir o premio Fernández Latorre. Unha ocasión que merece o reencontro de todo o PP, incluído o seu líder e presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, baixo o paraugas do xornal que, desde hai tempo, supostamente move ou tenta mover os fíos do poder en Galicia.

O premiado e o convidado non son descoñecidos. Este encontro é como a parábola do fillo pródigo. Os dous se coñecen desde os seus inicios políticos, cando a comezos dos 80, Fraga decantouse polo de Forcarei para dirixir o seu partido en Galicia. Foi entón cando Rajoy quedou apartado e relegado, aínda que de premio se lle deu a Deputación de Pontevedra, da que o apartaría o propio Barreiro no 1985.

Rajoy, sen ocultar o seu enfado, pronunciou entón a palabra “deslealdade”, case prohibida dentro do PPdeG. E, aínda que aclarou que non ía dirixida a Fraga, senón a Barreiro, acabaría desterrado a Madrid, como candidato ao Congreso dos Deputados Pero, o de Pontevedra non tardou en volver. Foi dous anos despois, cando Barreiro tentou liderar o PP en Galicia, cando Rajoy tomou cumprida vinganza. O rexeitamento de Fraga a operación de Barreiro de substituír a Albor fixo que o hoxe analista político de La Voz dimitira de todos os seus cargos no PP e se pasara a Coalición Galega. Un deses cargos era o de vicepresidente, que acabou ocupando Rajoy, o seu, entón, inimigo. 

Barreiro tamén tomaría cumprida vinganza un ano despois deixando a Albor sen a Presidencia da Xunta por unha moción de censura na que acabaría de vicepresidente co socialista Fernández Laxe. As eleccións do 1989, coa volta a Galicia de Fraga, supuxeron un duro golpe para Barreiro, que acabou sen escano no Parlamento galego e, ademais, xulgado por prevaricación. Un regalo en forma de vendetta dos seus amigos populares. Unha vendetta que lle custou 6 anos de inhabilitación para cargo público. A partir de entón, o seu foi a universidade e o xornalismo.

Feijóo e Rajoy nun mitin
Feijóo e Rajoy nun mitin

Pero, tamén o descubrimento de novos espazos políticos.  Primeiro o PSOE e logo BNG. “Durante seis años ha dado clases, afirman que con buen estilo, lo que es de creer porque Barreiro es lo menos parecido a la especie de los bobos de vitrina que tanto abundan en la política. Ha escrito sesudos y punzantes artículos  en «La Voz de Galicia» y, de pronto, ¡pluff!, ha reaparecido apoyando al PSOE y la operación social del Foro que patrocina en Galicia Rodríguez Zapatero. En el momento, lo que se sugiere es que Barreiro está más cerca el BNG que del profesor Pérez Touriño del que, con toda seguridad, se cansará dentro de unos instantes, porque, en puridad, el candidato socialista no llega a Barreiro ni al astrágalo. Patrocina una coalición contra Fraga y está dispuesto a dejarse en ello sus próximos días. No es enemigo desdeñable. Guarda ideas, mucha rabia contenida, y más de un documento comprometedor. Zapatero le ha fichado por lo primero y por lo segundo. Por lo tercero y, por precaución, seguro; los documentos son también de los pingües tiempos del gobierno tripartito, de Laxe, Mariñas... Zapatero se ha aliado esta vez con el diablo, denominación que, en absoluto, desagradará a Barreiro Rivas, uno de los políticos más listos desde el 76 a la fecha”, escribía Carlos Dávila, no ABC no 2001.

Pouco despois, o que xa aventuraba este xornalista, de que estaba “máis cerca” do BNG, toma forma na figura de Anxo Quintana. “Vontade de nación es el título elegido por el profesor Xosé L. Barreiro Rivas para la obra en la que han quedado reflejadas la cuatro conversaciones que mantuvo con el portavoz nacional del BNG y vicepresidente de la Xunta y en las que el politólogo ha plasmado la trayectoria humana y política de Anxo Quintana. Autor y protagonista realizaron ayer en la sede compostelana de la Fundación Caixa Galicia la presentación oficial de una obra "necesaria" en la que queda ante el lector un personaje "sincero, auténtico e en estado puro". El título ya quedó definido desde el primer encuentro en Allariz, en el que ambos comenzaron a hablar de una "necesidade sentida" por parte de ambos con respecto a una Galicia "capaz de gobernarse a sí mesma". Esta era a crónica de Montse Castro que El Correo Gallego publicaba no 2008. De feito, durante o bipartito, a sintonía entre Barreiro e Quin foi en aumento cunha aproximación de Barreiro as posturas máis moderadas do nacionalismo galego, lembrando, nalgún dos seus artigos en La Voz, a semellanza con aquela Coalición Galega que dirixira. 

Desde entón, o seu foi unha nova volta as orixes políticas. Lenta, pero directa. No seu último libro, “La España Evidente”, moi lonxe do outro "Vontade de nación", o politólogo defende un Estado alonxado da “irreflexiva” aposta do independentismo. “Como si se tratase de la vuelta del hijo pródigo a la casa, el PP recibió ayer en el hotel Araguaney de Santiago la presentación del libro de Xosé Luis Barreiro Rivas La españa evidente, una publicación con la que el profesor de la USC trata de poner coto al "viaxe entolecido" del soberanismo catalán y que explicó acudiendo a una parábola sobre la juventud cuando vuelve de fiesta en coche a su casa el fin de semana”, escribía Xaime Leiro en El Correo sobre esta obra que Barreiro presentou en xullo pasado coa nutrida presenza de políticos do PP, incluído o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Esa viraxe política, ou esa volta as súas orixes, é a que completará Barreiro este xoves coa presenza, ademais, de quen foi o seu delfín e que agora é presidente do Goberno de España. E é que Mariano Rajoy, a pesar de sufrir o xogo político de Barreiro, recoñecerá a súa figura e a súa aportación á política galega.

Rajoy non estará só. No polígono de Sabón, sede do xornal coruñés, estará arroupado por toda a cúpula do PPdeG, e tamén por outros dirixentes estatais do seu partido en, presenza, ademais, da clase empresarial do país e dos círculos económicos coruñeses. E tutelando toda esta aposta estará quen, agora, e desde hai algún tempo, mantén unha relación directa co presidente da Xunta e co presidente do Goberno de España, Santiago Rey, o propietario de La Voz de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 DigoEu

"La Voz reúne na Coruña á cúpula do PP con Rajoy ao fronte"------> Pois NON. O correto é "La Voz reúne na Coruña a cúpula do PP con Rajoy Á fronte". "Fronte" en galego é feminino; "frente", en castelán, é masculino agás a fronte (la frente) anatómica.

5 galegoexiliado

Como son de modernos estos franquistas, antes celebraban o 20N no Valle de los Caidos (por dios y la patria) e ahora fano no Val de La Voz de Galicia. Entre copa e copa algún acabará cantando o caralsol. Dín que pachi non vai pois so convidan á lexítima.

4 tuamo.net

E digo eu, rapaces... ¿estes premios non virán sendo como se Bugs Bunny premia a Looney Tunes, como cando os concellos do BNG premiaban a Callón, etc.?

3 M. Tellado

Vendrán Naseiro, Crespo, Alvaro Lapuerta, Luís Bércenas, Aceves, Rodrigo Rato, Granados, La Pajarraca de Eurovegas, el del ático de Estepona, Cotino, Carlos Fabra, está pendiente de confirmación Jaume Matas y el Pequeño Nicolás

2 Spidercan

Aquí poden dicer o que queiran. Pero saben que son unha vergonha internacional. Todos os ladróns xuntos, sábeo calquera analista político doutro país. Non de aquí. Os de aquí están nas trincheiras mediáticas. Pero máis nada. Son vergonha. Pero tamén vergonha interior porque cada vez están máis aliados cos fascistas. Non se deron separado, seguen insuflando máis odio nos catalanes e xentes doutras partes. E saber que son así, tan pouca cousa, que non adivinho o futuro máis que habendo un profundo divorcio entre eles e nós. Pero tan profundo que da medo. Porque eles tenhen as armas e o poder. Nós só nos temos a nós mesmos.