Así serán os fogares galegos en 2037: crecen na costa e baixan no interior

O tamaño medio dos fogares galegos experimentará unha redución, pasando de 2,49 persoas a 2,39 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2022 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O número de fogares galegos crecerá un 2,6% ata 2037, pasando de 1,07 millóns en 2022 a 1,10 millóns dentro de 15 anos, segundo un informe publicado este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollido por Europa Press.

No entanto, a evolución do número de fogares por provincias non será homoxénea. Así, A Coruña e Pontevedra rexistrarán incrementos do 3,1% e 5,1%, ata 464.146 e 383.171 fogares, respectivamente. Pola súa banda, Lugo e Ourense contabilizarán un descenso do 2,6% (127.078) e do 0,9% (126.753), respectivamente.

En canto á evolución do fogares segundo o seu número de habitantes, no período 2022-2037 estímase un incremento dos de maior tamaño (6 ou máis persoas) do 5,9%, ata 30.096 unidades, así como tamén dos dunha e dúas persoas, que subirán un 7,4% e un 8,4%, respectivamente, ata 256.902 e 352.295.

Pola contra, diminuirán os fogares de 3, 4 e 5 persoas preto dun 4%, con 242.497, 163.062 e 56.297, respectivamente. Desta maneira, o tamaño medio dos fogares galegos experimentará unha redución, pasando de 2,49 persoas a 2,39 persoas.

Programa de conciliación das familias antes da volta ás clases
Programa de conciliación das familias antes da volta ás clases | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta