Piden precaución e evitar a costa ante unha nova temporal que trae fortes ventos

A Xunta fai un chamamento á responsabilidade da cidadanía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2022 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O temporal deixou preto de 80 incidencias en Galicia ao longo da noite do venres, segundo informou o 112. Concretamente, entre as 00 e as 08,00 horas, foron un total de 77 as recollidas polo servizo.

Os datos recollidos indican que as incidencias relacionadas co vento e a choiva foron remitindo conforme o día se achegaba ao seu final: se entre as 19,00 e as 20,59 horas rexistráronse un total de 45, entre as 21 e as 22,59 a cifra quedaba reducida a 26.

O 112 lembra que a tal hora permanece activo un episodio de nivel laranxa por ventos de ata 100 quilómetros por hora na Mariña Lucense, aínda que tamén sopra con forza nas provincias de Pontevedra e, sobre todo, na da Coruña.

Doutra banda, entre as 00 e as 08,00 horas deste sábado, na provincia de Lugo rexistráronse no 112 unicamente seis sucesos relacionados cos efectos do vento ou da choiva, catro deles tiveron que ver coa presenza de ramas ou árbores nas estradas. A Pontenova, Muras, Vilalba, Mondoñedo e Ribadeo foron os concellos afectados, sen incidencias de consideración.

O groso dos incidentes contabilizados ao longo da madrugada ocorreron na provincia da Coruña, con 56, seis deles no concello da Coruña, catro en Ponteceso e tres en Santiago, Oleiros, Dumbría ou Vimianzo.

En Pontevedra destacou, aínda que sen incidencias de consideración, o concello de Vigo, con tres dos 13 totais, mentres que na provincia de Ourense só Quintela de Leirado e Xunqueira de Espadanedo rexistraron unha cada un.

Unha vez máis, os sucesos máis repetidos durante a noite tiveron que ver con árbores ou ramas nas estradas. De feito, na provincia da Coruña supuxeron 34 das súas 56 incidencias totais. Na provincia de Pontevedra tamén se produciron caídas de cables e restos de accidentes e outros obxectos sobre as vías de circulación.

Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro
Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro | Fonte: Gustavo da Paz - Europa Press

ADVERTENCIAS

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior fixo un chamamento á responsabilidade da cidadanía ante a fronte que está previsto para este fin de semana con ventos fortes e choivas intensas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta