Coñece as 10 principais medidas anticrise xa en vigor

O terceiro paquete de axudas para paliar as consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína, que foi aprobado o martes polo Consello de Ministros, entra en vigor este domingo 1 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2023 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O terceiro paquete de axudas para paliar as consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína, que foi aprobado o martes polo Consello de Ministros, entra en vigor este domingo 1 de xaneiro.

En concreto, o decreto inclúe novidades como conxelar durante seis meses o prezo dos alugueres cando se teñan que renovar contratos ou un cheque 200 euros para familias con rendas inferiores a 27.000 euros anuais e cun patrimonio non superior a 75.000 euros. A continuación, todas as medidas que aprobou o Executivo:

1. BAIXADA DO IVE

Para facer fronte á alza dos prezos dos alimentos, o Goberno decidiu suprimir durante seis meses o IVE do 4 % que se aplica a todos os alimentos de primeira necesidade, entre eles o pan ou o leite, e rebaixou do 10 % ao 5 % o do aceite e a pasta.

2. AXUDA DE 200 EUROS

O Goberno proporcionará unha axuda de 200 euros para 4,2 millóns de familias, as que teñan rendas anuais de ata 27.000 euros e non conten cun patrimonio superior a 75.000 euros. Quedan excluídos desta axuda, que se percibirá nun pago único, os pensionistas e os perceptores do Ingreso Mínimo Vital.

3. DESCONTO DO TRANSPORTE PÚBLICO

Rebaixa do 30 % do transporte público urbano e interurbano nos territorios onde o goberno autonómico e municipal o complementen ata o 50 %. A isto hai que sumarlle a gratuidade dos abonos de Renfe de proximidade, rodalies e media distancia durante o ano 2023.

4. REBAIXA DA ELECTRICIDADE E O GAS

A rebaixa actual dos impostos da electricidade e o gas prorrogarase durante seis meses máis. Ademais, conxelarase o prezo máximo da bombona de butano.

5. LÍMITE AO ALUGUER

En materia de vivenda, o real decreto de axudas económicas para facer fronte á subida dos prezos prorroga a subida máxima do 2 % dos alugueres ata o 31 de decembro de 2023 e establece a prórroga automática durante seis meses dos contratos que expiren antes do 30 de xuño do próximo ano. Neste caso o límite de subida da renda tamén será dun 2 %.

Ademais, o novo paquete de medidas tamén inclúe a prórroga por outros seis meses, ata o 30 de xuño de 2023, da suspensión dos desafiuzamentos e os lanzamentos de vivenda para os fogares máis vulnerables.

Así mesmo, prohíbese durante todo o 2023 o corte de subministracións esenciais, exténdese o bono social, e mantense o incremento do 15 % do ingreso mínimo vital e das pensións non contributivas.

6. INGRESO MÍNIMO VITAL E BONO SOCIAL

Mantense o incremento do 15 % do ingreso mínimo vital e das pensións non contributivas. No mesmo sentido, estenderase durante todo o 2023 o bono social e prohibirase o corte de subministracións esenciais.

7. APOIO Á AGRICULTURA

O Executivo proporcionará 300 millóns en axudas directas aos agricultores, para compensar o aumento dos custos polo encarecemento dos fertilizantes.

8. DESCONTO DO COMBUSTIBLE

A bonificación do combustible mantense para o transporte profesional por estrada, agricultores, navieras e pescadores. En concreto, a prórroga do desconto de 20 céntimos por litro terá efecto para o transporte profesional por estrada e abonarase ao final de cada mes. Ata marzo este desconto será de 20 céntimos e de abril a xuño baixará a 10 céntimos.

No caso dos agricultores a axuda directa de ata 20 céntimos por litro executarase mediante a devolución do imposto especial de hidrocarburos. Por outra banda, dedicaranse 120 millóns en axudas directas para os pescadores.

9. AXUDA Á INDUSTRIA

Así mesmo, o Goberno ideou medidas de apoio á industria gasintensiva. Desta maneira, crearase unha nova liña de liquidez do ICO de 500 millóns de euros e investiranse 450 millóns de euros en axudas para o sector da cerámica e outros subsectores.

Ademais, hai que ter en conta os 3.100 millóns de investimento público a través do novo Perte de descarbonización industrial.

10. AS PENSIÓNS SUBIRÁN UN 8,5 %

Por outra banda, o Consello de Ministros deu luz verde ademais á revalorización do 8,5 % das pensións no 2023, de acordo co incremento da inflación.

Por último, co obxectivo de reforzar os servizos de atención primaria, o Executivo aprobou a xubilación activa mellorada, que permitirá que profesionais sanitarios de atención primaria, médicos de familia e pediatras en idade de xubilación poidan continuar durante os próximos 3 anos compatibilizando o 75 % da súa pensión co servizo activo a tempo completo ou a media xornada.

Anuncio dun piso en aluguer
Anuncio dun piso en aluguer | Fonte: Marta Fernández Xara

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta