Este martes abre o prazo de axudas para contratar menores de 30 anos en empresas investigadoras e universidades

A previsión o Goberno galego é que se poderá contratar a un mínimo de 277 mozos e un máximo de 409 en función dos módulos salariais a aplicar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2023 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

O programa Investigo, da Consellería de Promoción do Emprego, abre este martes, 3 de xaneiro, o prazo de axudas para contratar a menores de 30 anos desempregados en empresas que investiguen en innovación, universidades e centros científicos.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a segunda convocatoria desta iniciativa da Xunta, dotada con 9,1 millóns de euros en 2023. As contías oscilarán entre os 22.405,9 euros e os 33.108,8 euros por persoa en función do grupo de cotización e custos laborais.

Os contratos terán que contar cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa para o desenvolvemento e execución de iniciativas de investigación. Priorízanse as ocupacións referidas á economía circular e o emprego verde.

A previsión o Goberno galego é que se poderá contratar a un mínimo de 277 mozos e un máximo de 409 en función dos módulos salariais a aplicar.

Así o expuxo a secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Covadonga Toca, nunha visita á empresa Citanias Obras e Servizo, en Culleredo. No caso desta compañía contratáronse a 15 mozos a un apoio autonómico de case 415.000 euros.

Unha investigadora traballa nun laboratorio. UNIVERSIDADE DE VIGO
Unha investigadora traballa nun laboratorio. UNIVERSIDADE DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta