Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/12/2014 | Actualizada ás 13:44
A presentación de Teresa Barge, a alcaldesa da Bola que decidiu deixar o BNG hai dúas semanas, como cabeza de lista do PP para as próximas eleccións municipais, abriu unha nova fronte política entre populares e nacionalistas.
Xavier Vence, portavoz nacional do Bloque, denunciou este luns a forma "bastante escura" de gobernar do "señor Baltar e do PP" e advertiu de que "o señor Feijóo non pode mirar para outro lado" mentres continúan saíndo á luz casos de “corrupción” relacionados coa forma de gobernar nas deputacións dirixidas polos populares.
“O que está a ocorrer non só coa alcaldesa da Bola, senón con outros alcaldes que están a ser fichados de forma bastante escura polo PP de Ourense revelan o que levo denunciado desde hai moito tempo", dixo en rolda de prensa.
Neste sentido, salientou que a fichaxe da alcaldesa de A Bola evidencia que a provincia de Ourense está xestionada con "modos corruptos e antidemocráticos" aos que nalgún momento "hai que porlles fin". "O Baltarismo en Ourense é un réxime en si mesmo", subliñou ao criticar que pretende "controlar todo o que se move" na provincia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.