Máis de 80 vítimas foron atendidas polo servizo de garda psicolóxica contra a violencia de xénero en 2022

A quenda está vixente as 24 horas e os 365 días do ano, ten carácter "inmediato" e garante a asistencia gratuíta e personalizada dun profesional especializado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2023 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

O balance do servizo de quenda de garda psicolóxica para a atención 24 horas de vítimas de violencia de xénero e aos seus correspondentes fillos e fillas menores estimou 86 atencións e 79 intervencións durante 2022.

Así o trasladou a Xunta de Galicia a través dun comunicado no que salientan a importancia da atención psicolóxica como instrumento "fundamental" para a prevención, tratamento integral da violencia machista e protección das mulleres que a sofren e os seus fillos.

Desta maneira, desde o ano 2018, cando se asinou por primeira vez o acordo de colaboración entre o Ministerio de Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia atendéronse a 263 mulleres e menores, levando a cabo ata 259 intervencións.

Esta quenda, vixente as 24 horas e os 365 días do ano, ten carácter "inmediato" e garante a asistencia gratuíta e personalizada dun profesional especializado en casos de violencia de xénero.

Muller dicindo 'non' á violencia de xénero
Muller dicindo 'non' á violencia de xénero | Fonte: Commons

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta