O engano do cánnabis medicinal pode custar caro: as industrias do tabaco e do alcol xa amosaron o seu interese

Un estudo do investigador da UVigo Manuel Isorna analiza as diversas estratexias que esta industria usa para conseguir aceptación da sociedade e, ao mesmo tempo, presionar aos políticos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 18/01/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Hoxe en día é tan habitual ir pola rúa e ver a un grupo de mozos fumando 'un porro' ou que nos chegue sen ter moi claro de onde o cheiro a marihuana como cando antes, fai non tanto tempo, estaba permitido fumar en espazos públicos e os bares estaban cheos de fume ata tal punto que nos máis pequenos ata se nubraba a visibilidade.

Fumando cannabis
Fumando cannabis | Fonte: Chmee2 en Wikipedia.

Quere esto dicir que se está normalizando tanto o consumo deste tipo de substancia que está chegando a converterse no 'novo tabaco'? Máis ou menos, pois se houbo un tempo no que a industria tabacalera era tan poderosa que poñía contra as cordas ás políticas, pois xeraba centos de millóns de pesetas en ingresos cada ano para o país; agora é a industria cannábica a que está poñendo contra as cordas aos líderes políticos.

Que pesa máis: a saúde ou os cartos? Tal e como explica o doutor en Psicoloxía e profesor na Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Isorna, cando as políticas, motivadas por intereses ocultos, comezan a afectar aos determinantes comerciais da saúde, fálase de captura corporativa da saúde pública. E iso é o que está a ocorrer na actualidade, pois tanto o Goberno como diferentes actores están a sucumbir aos intereses da industria cannábica, marabillados polos beneficios económicos que pode suscitar. 

Manuel Isorna fala de diferentes estratexias que esta industria tivo que ir desenvolvendo ao longo dos anos para poder chegar ao momento actual, no que o Goberno empeza a barallar a posibilidade de legalizar o uso mendinal do cánnabis (de aí ao uso recreativo e á normalización, como xa se demostrou noutros Estados do mundo, hai un paso).

A INDUSTRIA DO TABACO E DO ALCOL XA XIRA EN TORNO AO CÁNNABIS

CDB, cannabis
CDB, cannabis | Fonte: remitida

Por unha banda, o argumento máis potente para a legalización do cánnabis, segundo apunta o experto da UVigo, pasa polo beneficio económico obtido, xunto á xeración de empregos. Tales son os beneficios xerados que mesmo as industrias do alcol e do tabaco decidiron sumarse a esta nova 'moda' que lles está a comer o terreo.

Por exemplo, a compañía Constellation Brands, de bebidas alcohólicas, aumentou a súa inversión en Canopy Growth, ata acadar unha participación do 38 %. A idea? Chegar a dominar o mercado das bebidas con cánnabis, porque habelas hailas, e cada vez son máis populares.

O mesmo acontece coa compañía Altria, que mercou unha participación do 45 % en Cronos Group, outro grande produtor de cannabis. E xa no ano 2017 a famosa tabacalera Philip Morris International invertiu nunha empresa de cánnabis menciñal para desenvolver un inhalador de cánnabis.

Todas estas compañías están convencidas, ademais, de que a industria do cánnabis dará grandes beneficios unha vez que este se legalice e se poida comercializar cunha menor regulación. No 2017 expedíronse máis de 9.000 licenzas activas para negocios de cánnabis nos Estados Unidos, con máis de 120.000 persoas empregadas no sector. Os impostos recaudados no pasado ano 2022 chegaron aos 23.000 millóns de dólares.

CAMBIO NA IMAXE DO CONSUMIDOR: CLASE SOCIAL ALTA OU ENFERMO CRÓNICO

Outro dos argumentos que favorece a aceptación social foi o creado pola propia industria sobre a imaxe do consumidor de cánnabis. Tradicionalmente, a sociedade sempre asociou ao consumidor de 'porros' como unha persoa de baixa clase social, con problemas na súa vida ou como alguen que remataría tendo que pedir cartos para poder consumir.

Sen embargo, a través de 'influencers' de éxito, do posicionamento inocuo en películas e series de televisión e do patrocinio de estudos 'distorsionados', a industria conseguiu dar un xiro a esta imaxen e, de feito, agora asóciase a imaxe de fumador en moitos casos a unha persoa con poder adquisitivo suficiente como para poder permitirse mercar este produto, disfrutándoo no tempo libre para liberarse das tensións dunha estresante vida de éxito.

Tamén se fomentou a imaxe do consumidor que, aqueixado dalgunha doenza que os medicamentos tradicionais non foron quen de paliar, usa o cánnabis como unha forma de poder conter a dor, aliviando así enfermidades crónicas. 

OCULTAR OS NOMES CON CONNOTACIÓN NEGATIVA ENTRE A SOCIEDADE

Por outra banda, o nome dun produto é fundamental para conseguir ventas. Se falar de 'marihuana', 'cánnabis' ou 'porro' está mal visto por parte dunha fracción da sociedade (especialmente a de máis avanzada idade), por que non cambiar o nome e facelo máis socialmente aceptable? 

Cambiar o logotipo, o nome, a tipografía, a mensaxe ou unha combinación de todo isto facilita o cambio de percepción social desta droga, co obxectivo de seguir avanzando, pouco a pouco, na súa regulación. Palabras que a asocien á saúde e ao benestal emocional son crave: 'Cánnabis menciñal', 'Cánnabis terapéutico', 'Cánnabis orgánico', 'Cánnabis natural' ou 'Cánnabis alternativo'.

Do mesmo xeito, funciona moi ben cambiar a palabra 'cánnabis' como tal por 'THC' ou 'CBD', que son os principios activos da substancia. Preténdese así diferenciar a substancia dos seus principios, e darlle un enfoque máis científico ao seu uso

Ademais, aproveitando a versatilidade de uso e preparacións derivadas do cánnabis, promociónanse cada vez máis outras formas de consumo que se venden como máis saudables fronte á vía tradicional: a súa vaporización, as infusións, produtos alimenticios (chocolate, té, galletas), cosméticos e mesmo suplementos para cans. Todo vale e todo está ao alcance de calquera nesas tendas 'alegais' chamadas 'grow shops', cada vez máis abundantes tamén no territorio galego.

FINANCIACIÓN DE CÁTEDRAS E 'FAKE NEWS' MOI ACEPTADAS

En Canadá, a empresa Canopy Growth financiou o pasado ano 2018 unha cátedra baixo o nome de 'Ciencia do cánnabis', na Universidade da Columbia Británica. Nela estudábanse os diferentes compoñentes desta planta, dando por feito que tan só se centraba nas propiedades boas para elaborar medicamentos.

E entre as 'fake news' amplamente difundidas en medios de comunicación (algúns pagados e outros non), de seguro que a todo o mundo lle soa iso de que o consumo de cánnabis é eficaz contra o tratamento do cancro, do alzhéimer, do párkinson, do autismo, da epilepsia, da fibromialxia, da artrite e da artrose, da dor crónica, da anorexia, da ansiedade, da depresión, da osteoporose, do glaucoma, dos cólicos menstruais, das migrañas, das fraturas, da psoriase, dos herpes, do VIH, do lupus e ata do covid. É dicir, para todo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta