Cada vez máis cerca o permiso para que os médicos galegos poidan simultanear a atención pública e a privada

A Consellería de Sanidade ten "bastante avanzado" o borrador da instrución.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2023 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade ten "bastante avanzado" o borrador da instrución para permitir que os médicos da sanidade pública poidan traballar tamén en centros privados con actividade concertada, a condición de que se comprometan a non realizala, e viceversa.

"Está a piques de ser pechado", dixo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en relación a este borrador, que proximamente se presentará tamén ao Consello Galego de Colexios Médicos, nun encontro que aínda está por fixar.

Comesaña explicou que o seu departamento está "a traballar na flexibilización" dos facultativos, aínda que sendo conscientes "da importancia de manter ben separado un ámbito e outro".

A idea que recolle a instrución pasa por mecanismos para que "unha persoa que traballa no ámbito privado" poida tamén actuar na sanidade pública, e non só ao revés, "botar unha man" ao Sergas nun momento "tan crítico" como o actual.

Isto, en opinión de Comesaña, podería solucionar parte dunha das problemáticas que afectan hoxe día á sanidade española, a falta de especialistas, "fundamentalmente en medicina de familia". "Pode axudar nun contexto como o de agora, nun contexto no que o principal problema é a falta de especialistas", destacou.

Médico e prescrición de receita
Médico e prescrición de receita | Fonte: Icomen

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta