Satisfacción entre as confrarías galegas polo fallo sobre o plan de marisqueo: "Sabiamos que tiñamos razón"

O plan de pesca de sardiña para a arte tradicional do 'xeito' fixa un tope máximo de capturas de 20 toneladas para o primeiro trimestre de 2023, segundo establece a Consellería do Mar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2023 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

O presidente das confrarías de pescadores galegas, José Antonio Pérez Sieira, dixo que están "contentos" polo fallo do Tribunal Supremo que rexeita o recurso do Estado contra o plan de explotación marisqueira da Xunta.

"Sabiamos que tiñamos razón", afirmou en declaracións a Europa Press o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, que mostra a súa "satisfacción".

"O que leva é que imos seguir traballando normalmente nos marisqueos e non imos perder os plans como pensaramos", asegura.

Igualmente, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, subliñou a "tranquilidade" que supón "para todo o sector" e a "tremenda" satisfacción que sente a Xunta polo fallo.

Unha percebeira de Rinlo, da Confraría de Pescadores de Ribadeo, recolle percebes para a campaña do Nadal entre as rocas, a 21 de decembro de 2022, na parroquia de Rinlo, Ribadeo, Lugo, Galicia (España). Segundo as estatísticas oficiais de Pesca de. Carlos Castro - Europa Press
Unha percebeira de Rinlo, da Confraría de Pescadores de Ribadeo, recolle percebes para a campaña do Nadal entre as rocas, a 21 de decembro de 2022, na parroquia de Rinlo, Ribadeo, Lugo, Galicia (España). Segundo as estatísticas oficiais de Pesca de. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

PLAN DE PESCA DA SARDIÑA

O plan de pesca de sardiña para a arte tradicional do 'xeito' fixa un tope máximo de capturas de 20 toneladas para o primeiro trimestre de 2023, segundo establece a Consellería do Mar.

En concreto, márcase unha cota de 50 quilos por tripulante a bordo e día, aos que se sumarán 50 quilos por barco ao día. Existen un total de 412 embarcacións con permiso para pesca de 'xeito' en Galicia.

Aínda que este plan é para todo o ano, na resolución publicada polo Diario Oficial de Galicia este venres só se fixa o tope de xaneiro, febreiro e marzo, a falta de coñecer a cantidade que se poderá pescar ao longo de 2023.

Este plan sinala que "nas últimas campañas constátase unha melloría no recurso", "a cal se acentuou ao longo do ano 2022, o que permitiu a dispoñibilidade dun stock de 381.074 quilos, superior ao de campañas anteriores".

En concreto, as capturas de sardiña da última campaña do 'xeito' en Galicia foi de 261.661 quilos para un total de 112 embarcacións.

O tamaño mínimo autorizado da sardiña será de 11 centímetros. Ademais, este plan indica que a lonxitude máxima total do 'xeito' autorizada por buque e día "non poderá exceder, en ningún caso, de 1.000 metros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta