O repunte de produtos galegos en Xapón, detrás dunha viaxe da Cámara de Comercio da Coruña ao país asiático

Os produtos máis exportados desde Galicia figuran os produtos e derivados cárnicos, pezas de confección, vehículos automóbiles, mobiliario e peixe.

Por E.P. | A CORUÑA | 23/01/2023 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

A Cámara de Comercio da Coruña organiza unha misión comercial a Xapón ante o repunte da demanda de produtos galegos desde o citado país, segundo indica.

Nun comunicado, sinala que en 2020 as vendas a Xapón desde Galicia incrementáronse un 25,9%; en 2021 un 33,8% elevando a cifra total de exportacións a case 170 millóns de euros e en 2022 (datos recolleitos ata o mes de outubro) o crecemento foi do 15%.

"Por tanto, atopámonos nun contexto moi favorable para as empresas de servizos e para impulsar investimentos, diminuíndo as trabas para exportar produtos a Xapón e reducindo e, mesmo, eliminando aranceis nunha inmensa maioría de produtos e bens", indica o organismo cameral.

En canto aos produtos máis exportados desde Galicia figuran os produtos e derivados cárnicos, pezas de confección, vehículos automóbiles, mobiliario e peixe.

"Con esta acción, que terá lugar entre o 4 e o 11 de marzo, dáse a opción ás empresas galegas de identificar posibles clientes ou partners no país", explica. As empresas que xa operan no mercado xaponés teñen a oportunidade tamén de consolidar as súas relacións comerciais e empresariais.

Cámara de Comercio da Coruña
Cámara de Comercio da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta