Mobilizacións de positores aprobados en 2019 pedindo axilidade á Xunta para resolver procesos selectivos

Un grupo de opositores, aprobados da Oferta Pública de Emprego (OPE) da Xunta de 2019, concentrouse este martes fronte ao Parlamento de Galicia, coincidindo co Pleno da Cámara, para pedir axilidade nos procesos selectivos, aínda sen concluír.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2023 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Un grupo de opositores, aprobados da Oferta Pública de Emprego (OPE) da Xunta de 2019, concentrouse este martes fronte ao Parlamento de Galicia, coincidindo co Pleno da Cámara, para pedir axilidade nos procesos selectivos, aínda sen concluír.

Entre os afectados por esta situación hai opositores de diferentes categorías que van desde psicólogos e educadores sociais a bombeiros forestais ou auxiliares de enfermaría. Como portavoz da plataforma organizadora, Manuel Bóveda, explicou a Europa Press que "ninguén dá resolucións a esta situación" e que "con esta OPE desde 2019 sen terminar o proceso, convocaron unha nova en abril e agora outra de consolidación".

Bóveda subliñou que no canto de levar a cabo os procesos "de forma graduada e ben, mestúrano todo". Así, destacou que "o problema é que hai persoas cunha OPE aprobada que están sen traballo".

SITUACIÓN DOS AFECTADOS

Nesta liña, a técnica de auxiliar de enfermaría Salomé López explicou que, no seu caso, "aínda se está á espera da lista definitiva de méritos". Así, insistiu en que eles "xa cumpriron" e agora é a Xunta "a que ten que facer o seu traballo".

Deste xeito, apuntou que "non é normal que as prazas estean cubertas persoal temporal cando se está esperando a por elas". López recalcou que "están a perder moito diñeiro, tanto en soldos como en trienios" e apuntou que poderían estar "a piques de cobrar a carreira profesional, que son cinco anos".

Así mesmo, no colectivo de bombeiros forestais, outro dos afectados, explicaron que en 2019 abriuse o proceso colectivo, algo que levaba sen suceder desde 2003. "O exame foi en novembro de 2021 e aínda non hai unha resolución de méritos para optar ás prazas", sinalaron. O colectivo explicou que "mentres a administración non avanza e o proceso selectivo segue sen resolverse", ven, ademais, "noutro proceso, que é o de estabilización".

Concentración este martes fronte ao Parlamento de Galicia.
Concentración este martes fronte ao Parlamento de Galicia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta