Por E.P. | A CORUÑA | 24/01/2023 | Actualizada ás 18:29
A eurodeputada do BNG Ana Miranda defendeu este martes na Comisión de Pesca da Eurocámara a necesidade de modificar a Política Pesqueira Común (PCC) "xa que non conseguiu os seus obxectivos de garantir que as actividades da pesca e a acuicultura sexan sustentables ambientalmente a longo prazo".
"Nin unha boa xestión pesqueira que cre emprego e fixar poboación nas zonas pesqueiras, que xere beneficios económicos e contribúa á produción de alimentos", sinala a formación nacionalista sobre a citada intervención.
Miranda subliñou a importancia de que o nova PPC teña en conta a perspectiva social da pesca e considere a dimensión social como unha prioridade, "xa que ata agora, para tomar diversas decisións, as partes afectadas non foran escoitadas, como son os pescadores e armadores, a cadea de produción e as comunidades costeiras que viven da pesca e do marisqueo".
Neste sentido, o BNG considera que a dimensión social debe incluír tanto a mellora das condicións de traballo como da formación marítimo-pesqueira no sector e da modernización da frota para facer que os buques de pesca sexan máis seguros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.