GC Aberto

ARQUIPÉLAGO GULAG (I)

Cada vez está de moda falar da manipulación e tervixersación. Este artigo fala de este fenómeno na guerra fría.

Por XoseRios | GC ABERTO | 30/01/2023

Comparte esta noticia

En 1947 o Ministro do Servizo Médico das Forzas Armadas percorría a URSS posbélica. As necesidades eran infinitas. Lembraba como as latas de conservas cos seus bordes retorcidos usabanse de vasos nos hospitais. E. Smirnov chamaba ao Governo pedindo máis recursos. Ante tanta insistencia, nunha destas chamadas Stalin aclaroulle estar ao tanto das necesidades plantexadas, mais habían outras urxencias. Sobre o povo soviético cerníase unha nova ameaza. Os bombardeos atómicos de 1945 sobre Hirosima e Nagasaki advertían á humanidade dos novos horrores do imperialismo. 

Tigres de Siberia nun espectáculo circense
Tigres de Siberia nun espectáculo circense | Fonte: prensalibre.com

Os americanos viron na URSS o único capaz de cuestionarlle o liderazgo mundial. Tralo discurso de Truman, en Agosto de 1948, o Consello de Seguridade Nacional dos EE.UU. presentaban a Directiva 20/1. Nela  aseguraban que: “os nosos esforzos para que Moscú entenda a nosa concepción equivale a decir que o noso obxectivo  consiste en derrocar o Governo dos soviets…obexectivo inalcanzable sen a guerra”.

Hoxe sábese que chegaron a planificar en papel o ataque a 70 cidades mediante o bombardeo con 300 bombas atómicas (operación Charioteer). Porén, había un problema. O servizo de intelixencia advertía aos mandos militares: Qué pasaría despois do ataque atómico? É decir, a arma atómica non resolvería o problema político.  O reforzamento do bolchevismo e a vontade de loitar iría en aumento. Se propagaría a loita ao resto de Europa, polo que precísase dunha maior estructura diante das fronteiras rusas. No ano 1949 nace a OTAN. Mais a verdade é que o servizo de intelixencia americano descoñecía que en 1947 os soviéticos deran coa fórmula da bomba atómica, e non sería ata 1949 cando se decaten das probas atómicas levadas a cabo no Pacífico. 

A correlación de forzas, evitou a guerra atómica, mais o ataque de EE.UU. ao URSS continou por outras vía. Tratábse de quebrantar a vontade de loita mediante a guerra económica, clandestina e psicolóxica. A CIA definía a guerra psicolóxica coma acción de propaganda, incluído publicacións anónimas, falsificadas ou subsidiadas secretamente. Un obxectivo importante nesta liña foi minar o apoio dos partidos comunistas europeos. Venme á mente aquela viñeta de Quesada con Bautista Alvarez e Paco Rodríguez enriba dun burro baixo o lema “Aínda hai quen non se apea da burra”. A diferencia do eurocomunismo, naqueles anos a UPG seguía sendo marxista-leninista.

Pola contra, mais difícil o tiveron para actuar dentro de “Rusia”. Non atopaban traidores, nin moito menos unha “clandestinidade” organizada. Asemade, o reiterado envío de axentes fracasaba unha e outra vez. A teoría dun modelo do socialismo totalitario que defendían os académicos americanos non tiña consistencia. Na URSS existiu unha sociedade madura e unida moral e políticamente.

A CIA a pesar dos fracasos non cesaba no empeño. Coa publicación de libros seudo científicos buscábase envenenar a conciencia en occidente. Cántos libros aprovaronse-subvencionaronse-publicaronse pola CIA? Este dado segue sendo un segredo de Estado. Mais o que sí se sabe é que o libro “Arquipélago Gulag” foi un deles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Queimaño

Pois si. Debemos agradecer a Rusia que non exista unha atmosfera radioactiva na Terra