Lalín mantén os honores a un pediatra condenado por abusos a unha menor

O Concello aínda non adoptou unha decisión sobre a cuestión a pesar das críticas da oposición que piden a “inmediata” retirada deste nomeamento. O acusado pechou as listas do PP en Lalín nas pasadas municipais.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 18/12/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O Concello de Lalín capea a vento e marea unha polémica que indigna aos veciños da localidade. Un pediatra do Concello, Ángel Suárez Serrano, un home ben coñecido na localidade, galardoado coa Encomenda do Codido –a mesma que ten o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo-- foio condenado por abusos sexuais a unha menor.

Ángel Suárez Serrano, pediatra condenado por abusos a unha menor
Ángel Suárez Serrano, pediatra condenado por abusos a unha menor | Fonte: B.P.

A principios de mes, o xulgado do Penal n.1 de Pontevedra condenábao a unha pena de tres anos e medio de cárcere así como unha indemnización de 15.000 euros. Ditaba, ademais, unha orde de afastamento, de modo que durante un período tamén de tres anos e seis meses o pediatra que exerceu en Lalín non poderá achegarse á moza a menos de 100 metros nin comunicarse con ela a través de calquera medio. 

Por iso, e tras coñecerse esta decisión xudicial, os grupos da oposición no concello, e outras con forte implantación na comarca, como CxG, pedíanlle ao alcalde que tomara medidas e que lle retirara este ao médico esa encomenda,  que é o símbolo da recoñecida festa gastronómica da capital dezano.  

"Xa é hora de que lle quiten a capa de comendador a unha persoa que pasou de estar imputada a ser condenada, por tanto para a Xustiza xa é culpable", criticou o secretario xeral dos socialistas lalinenses, Nicolás González Casares, que pediu ao alcalde, José Crespo, que dea o paso "pois é el o responsable deste tipo de nomeamentos". Tamén o candidato de Compromiso as vindeiras municipais, Rafael Cuíña, pediu a "inmediata retirada de todas as honras recibidas polo pediatra condenado”.

E é que tanto o PSOE como CxG vinculan o silencio do alcalde co feito de que este médico fora pechando as listas municipais do PP, un posto sempre simbólico. Cuíña sospeita que hai "débedas morais" do PPdeG con el por este feito. Tamén González Casares entende que o feito de que o pediatra fora nas listas populares “non é un simple accidente”.

Feijóo na Festa do Cocido de Lalín
Feijóo na Festa do Cocido de Lalín | Fonte: vinogallego.com

O tema suscitou mesmo un debate social no Concello. Un dos seus veciños, Xosé Manuel López,  activou un evento en Facebook no que esixe a retirada das honras ao condenado.

Pola súa banda, o rexedor de Lalín, José Crespo, evitou pronunciarse sobre esta cuestión ata o momento, a pesar do compromiso do PP e da propia Xunta en loitar e erradicar a violencia de xénero e os abusos sexuais como teñen expresado públicamente en numerosas ocasións. Tampouco, o Concello adoptou unha decisión ao respecto. “Cando se adopte unha decisión sobre ese tema vola facemos chegar”, limitáronse a respostar fontes municipais cando foron consultadas por GC.

Este caso ten similitudes co do empresario José Mouriño, condenado e en prisión por un crime acontecido na Barcia, e que tamén fora condecorado co Premio Solidariedade de Lalín en 2007. Un premio que aínda mantén. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Unha de Lalín

Un Cuiña dando leña a Crespo pin en Lalín cachonda a moita xente. Conste que Rafa cáeme ben