Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2023 | Actualizada ás 11:07
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 57 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas durante o fin de semana, entre as 15,00 horas do venres 28 de xaneiro e as 23,59 do domingo 30. O sábado foi a xornada en que máis sinistros se contabilizaron, con 18.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencias e emerxencias, recibiu nestes días 61 chamadas en relación a accidentes de tráfico. Estas alertas, explica o 061, xeraron un total de 47 asistencias sanitarias para atender a 57 persoas, das cales o 60% foron homes. Nas idades dos feridos, o 31% tiña entre 30 e 44 anos.
Mentres, por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou (24), seguida da Coruña, con 18; Lugo, con tres; e Ourense, con dous accidentes. En total, mobilizáronse 59 recursos, de maneira que as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en nove accidentes e as ambulancias asistenciais de soporto vital básico, en 44 accidentes. O helicóptero mobilizouse nunha ocasión.
En 47 casos, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 10, foron atendidos no propio lugar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.