Dous novos falecidos pola Covid cando o número de contaxios descende a pouco máis de 600

Os ingresados con covid ascenden lixeiramente a 131, un máis que hai 24 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2023 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este martes as mortes doutras dúas persoas que estaban diagnosticadas de covid-19. Trátase dunha muller de 79 anos da área sanitaria de Vigo que morreu o pasado venres e doutra, de 92, que faleceu o domingo na área de Lugo-A Mariña-Monforte. Con eles, o cómputo de vítimas que deixa a pandemia en Galicia ascende a 4.057.

Mentres tanto, o Sergas notificou este martes --con datos actualizados ás 18,00 horas do luns-- un novo descenso dos casos activos da covid, ata os 636, é dicir, 17 menos que 24 horas atrás. Tan só ascenderon, e lixeiramente, na área sanitaria de Ferrol, que contabiliza 47 pacientes, dous máis que hai un día. No resto de áreas, mantívose a tendencia descendente.

No que respecta á presión hospitalaria, os ingresados con covid ascenden lixeiramente a 131, un máis que hai 24 horas. Máis en detalle, son 123 en planta --dúas máis-- e oito en unidades de coidados intensivos --un menos--.

Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19
Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta