A Xunta quere os fondos para o lobo a pesar de rexeitar a estratexia do Goberno central para a súa conservación

O Goberno galego pide ao central que rectifique.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2023 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A Xunta solicitou ao Executivo central que rectifique e que inclúa a Galicia na repartición dos fondos para o lobo, xa que Galicia foi unha das que "máis colaborou no establecemento dos criterios" para a repartición destes fondos.

Segundo trasladou o Goberno galego nun comunicado, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, reiterou este mércores esta petición nunha reunión sobre a xestión e conservación desta especie na que participaron representantes do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miterd).

Nesta liña, lamentou que "continúe o bloqueo" desa transferencia, que definiu como "unha decisión unilateral e sen fundamento legal que a xustifique". Así, trasladou "a necesidade" de que esta situación "non se repita" na distribución de fondos para 2023.

Deste xeito, lembrou que a Xunta xa interpuxo un recurso contencioso-administrativo contra as resolucións do Miterd, nas que recibirán fondos para o lobo as comunidades que "non emitiron un voto contrario á Estratexia para a convivencia das actividades do medio rural co lobo e a súa conservación".

Así mesmo, apuntou que en función dos criterios e da repartición territorializada aprobados na Conferencia Sectorial, a Xunta tiña comprometidos para o pasado ano 4,3 millóns de euros, pero que o Miterd "vinculou a transferencia efectiva dos fondos á aprobación da devandita Estratexia", unha condición que "non figura entre os criterios obxectivos de distribución".

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, intervén, por videoconferencia, na reunión monográfica sobre xestión e conservación do lobo
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, intervén, por videoconferencia, na reunión monográfica sobre xestión e conservación do lobo | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta