Verín presenta cartel do 'Desfile Infantil' e abre a tenda oficial do Entroido

É obra do CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira. Este xoves 9 de febreiro abriu tamén a tenda oficial para poder mercar diferentes produtos do entroido 2023.

Por Galicia Confidencial | Verín | 11/02/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira deseñou o cartel oficial do 'Desfile Infantil' do Entroido 2023 que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.

APP Entroido de Verín 2023
APP Entroido de Verín 2023

Nesta ocasión, do mesmo xeito que nas anteriores edicións, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile,  nesta ocasión, o CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira.

Tras elaborar este centro tres carteis, representantes dos CEIPS Castrelo do Val, Vilardevós, Princesa de España, Oímbra, Amaro Refojo, Medeiros, Vendas da Barreira e Augusto Assia (A Mezquita); Gardería A Mezquita, Pai de Riós, CPR María Inmaculada, Casas niño Albarellos, Cualedro, Castrelo do Val, Vilardevós, Pepín e Vilaza, CRA Monterrei, CPA Mercedarios e os IES García Barbón e Taboada Chivite, seleccionaron mediante votación o cartel desta edición.

O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do concello de Verín.

ABRE A TENDA OFICIAL DO ENTROIDO 2023

Emilia Somoza, concelleira de Cultura, presentando o cartel. Foto: Prensa Concello de Verín.
Emilia Somoza, concelleira de Cultura, presentando o cartel. Foto: Prensa Concello de Verín.

O Concello de Verín abriu este xoves 9 de febreiro ao público a súa tenda oficial do Entroido situada na Praza García Barbón. Esta iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para financiar devanditos festexos.

 

APP DO ENTROIDO 2023

Dende hai días está dispoñible para a súa descarga a App oficial do Entroido de Verín. Na mesma, ademais de atopar todo tipo de información de interese como: a programación, historia, unha exposición virtual de carteis, galerías fotográficas ou un completo mapa con todo tipo de puntos de interese (como restaurantes, hoteis ou zonas de aparcamento libre...); poderase coñecer en tempo real a localización de todas as Charangas e desfiles a través dun sistema de localización por GPS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta