A CIG di que o preacordo do convenio de axencias marítimas de CCOO e UXT "empobrece os salarios do sector"

Tamén convocou unha folga indifinida no almacén loxístico de Lidl en Narón

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2023 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A CIG mostrou o seu rexeitamento ao preacordo de CCOO e UXT polo convenio de axencias marítimas por entender que "precariza e empobrece" ao sector. Nun comunicado, cuestiona o preacordo do convenio provincial de axencias marítimas, ao que se opón ao consideralo "leviso para os intereses do persoal do sector".

"Supón hipotecar as melloras laborais no sector ata, polo menos, o ano 2026", sinala sobre un preacordo con vixencia ata decembro de 2025. E é que para a CIG implica "empobrecer os salarios no sector" cunha perda dun 3,2% de poder adquisitivo entre os anos 2020 e 2022. "Para os anos 2023 e 2024 pactaron un 4,5% e para o 2025 un 3%, todo sen revisión salarial", apunta.

Apertura do supermercado Lidl en Cangas (Pontevedra). LIDL
Apertura do supermercado Lidl en Cangas (Pontevedra). LIDL

FOLGA NO LIDL DE NARÓN

O sindicato CIG ten convocado desde este martes, 14 de febreiro, unha folga de carácter indefinido no almacén loxístico que a multinacional Lidl ten no polígono industrial de Río do Pozo, no municipio coruñés de Narón.

A central sindical nacionalista asegura que esta protesta chega como consecuencia do incumprimento por parte da dirección do convenio colectivo. Así, a CIG detallou que neste centro traballan 150 persoas, repartidos en quendas de mañá, tarde e noite, e, polo momento, segundo o sindicato, "o seguimento está a ser maioritario".

Do mesmo xeito, o sindicado sinalou que leva catro anos denunciando ante Inspección de traballo e en reunións do comité coa empresa esta situación "sen chegar a ningún acordo". Por este motivo, a representación sindical na empresa chamou a mobilizarse ao persoal participando na folga para negociar un acordo coa empresa que "dignifique as condicións do persoal do almacén de Narón".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta