Debate entre Xunta e Comisión Europea sobre as prioridades lexislativas da UE na Declaración conxunta 2023-2024

O ciclo de encontros FGE-NextGeneration Galicia reúne mensualmente á Xunta de Galicia con representantes das institucións europeas para abordar de forma conxunta as políticas públicas impulsadas desde a UE.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2023 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou no primeiro encontro virtual de 2023 no maroc do ciclo FGE-Next Generation Galicia, organizado pola Fundación Galicia Europa. A reunión congregou a funcionarios do sector público autonómico con representantes da Comisión Europea para abordar a importancia da Declaración Conxunta 2023-2024, que recolle as principais propostas lexislativas que estudan o Parlamento Europeo, o Consello da Unión Europea e a Comisión Europea.

Entre elas inclúese dar prioridade ás iniciativas destinadas a cumprir coa transición verde e dixital e impulsar unha Europa forte e cohesionada. A sesión foi impartida pola xefa de unidade responsable de IDEA, Sonia Vila. Na súa intervención, Calvo sinalou que Galicia xa traballa nun documento que recolla as prioridades de Galicia de face á presidencia rotatoria de España do Consello da Unión Europea no segundo semestre de 2023.

Pola súa banda, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, explicou a continuación o plan anual de actuacións da FGE, no que se reflicten aqueles temas que, "por ser prioritarios en Galicia, deberían contar coas súas achegas durante o debate europeo". O ciclo de encontros FGE-NextGeneration Galicia reúne mensualmente á Xunta de Galicia con representantes das institucións europeas para abordar de forma conxunta as políticas públicas impulsadas desde a UE.

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo. XUNTA
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta