Rescatan unha persoa en Sanxenxo logo de envorcar a súa embarcación cerca da praia das Paxariñas

Na embarcación ían dúas persoas, unha delas foi a que chamou ao 112.

Por Europa Press / Redacción | Sanxenxo | 19/02/2023 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia rescataron este domingo unha persoa tras envorcar a embarcación na que navegaba nas proximidades da praia de Paxariñas, no municipio pontevedrés de Sanxenxo.

Embarcación 'Punta Roncadoira' de Gardacostas
Embarcación 'Punta Roncadoira' de Gardacostas | Fonte: Wikipedia

Segundo fontes do 112 consultadas por Europa Press, nesta embarcación, "tipo planadora", navegaban dúas persoas. Unha delas foi a encargada de alertar do sinistro á central de emerxencias sobre as 09,00 horas. Nesta comunicación, sinalaba que el xa se atopaba a salvo nun illote, mentres que o seu compañeiro puido alcanzar unhas rocas.

Alí, este último foi rescatado en bo estado por Emerxencias de Sanxenxo e trasladado ata o porto de Portonovo. Segundo as mesmas fontes, non necesitou asistencia sanitaria.

Para este operativo de rescate, o 112 solicitou a colaboración de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil, de Protección Civil e de efectivos de Emerxencias Sanxenxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta