"Caligrafías musicais", un proxecto para poñer en valor o patrimonio musical galego

O Consello da Cultura Galega recuperará conferencias de estudiosos da música galega

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/02/2023 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega estreou 'Caligrafías musicais', un proxecto que recupera conferencias sobre o ámbito musical galego, o que supón unha nova liña de divulgación dentro do Arquivo Sonoro de Galicia (ASG).

Segundo trasladou o CCG nun comunicado, este proxecto terá unha periodicidade bimensual e ofrecerá as reflexións versadas de nomes como Xosé Filgueira Valverde, Xosé López Calo, Bautista Varela de Veiga, Joám Trillo, Ramiro Cartelle, Carlos Villanueva, Javier Garbayo ou Manuel Balboa.

Deste xeito, o seu obxectivo é rescatar a erudición de prestixiosos estudiosos no ámbito musical galego e revalorizar compositores, estilos musicais ou instrumentos, que forman parte da cultura musical de Galicia.

Así, na primeira entrega de 'Caligrafías musicais', o polígrafo Xosé Filgueira Valverde reflexiona sobre os textos rosalianos para fixarse nos seus aspectos sonoros e musicais.

Plenario do Consello da Cultura Galega
Plenario do Consello da Cultura Galega | Fonte: CCC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta