6,3 millóns de euros para a mellora dos viadutos de Arnoia e Valenzá, na A-52

Tamén se repararán danos localizados

Por E.P. | Ourense | 20/02/2023 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) presentou este luns aos responsables da Xunta de Galicia e da Xunta de Castela e León as actuacións de impermeabilización e monitorización dos viadutos de Arnoia e Valenzá, na autovía A-52, nas que se investirán 6,3 millóns de euros.

Ao facerse os labores de mantemento, constatouse que estas infraestruturas necesitan unha mellora de impermeabilización do taboleiro e, con carácter preventivo, levarán a cabo actuacións para reparar danos localizados, mellorar o funcionamento e controlar o comportamento dos viadutos no futuro.

Así, realizaranse labores de fresados e substitución do firme, impermeabilización dos taboleiros e rexeneración da impermeabilidad na contorna das laxas de continuidade, substitución das xuntas de dilatación, rehabilitación de mamparos, e instalación de sensores de humidade e salinidade.

Durante a execución dos traballos pecharase a calzada á circulación e desviarase o tráfico pola calzada do sentido contrario, que será compartida para ambos os sentidos de circulación. Os desvíos comezarán "en próximas semanas". 

Viaduto de Valenzá en Ourense
Viaduto de Valenzá en Ourense | Fonte: MITMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta