As historias de tres mulleres de Lugo, Moaña e Ordes, premiadas nun certame de relatos

Os galardóns do III Certame de relato breve A Erbeda foron entregados por Fina Casalderrey

Por E.P. | Galicia | 23/02/2023 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A académica Fina Casalderrey participou este xoves na entrega dos premios do III Certame de relato breve A Erbeda, que este ano recaeron en Alma Sánchez Núñez (Lugo), Aroa Currás García (Moaña) e Sabela García Santos (Ordes), nas categorías de persoas adultas, xuvenil e infantil, respectivamente.

Segundo trasladou a Real Academia Galega (RAG) nun comunicado, este certame está convocado pola asociación Os Nosos Lares de Palavea coa colaboración da RAG, o Concello da Coruña e as librarías Moito Conto, Xiada e Formatos.

Así, esta iniciativa que recupera o topónimo literario que Emilia Pardo Bazán deulle ao barrio coruñés de Palavea, A Erbeda, e coa que se lle rende tamén homenaxe a esta escritora.

OBRAS GAÑADORAS

Na modalidade de persoas adultas, a premiada foi Alma Sánchez Núñez cun relato titulado 'A flor amarela' que arrinca na Coruña a comezos do século XX.  Deste xeito, na categoría xuvenil o galardón foi para Aroa Currás García, estudante de segundo da ESO do IES As Barxas de Moaña, por 'A caixa'.

Así mesmo, en infantil o xurado premiou 'O paxaro máxico', un conto de Sabela García Santos, alumna do CEIP Castelao de Ordes, que xa foi gañadora nesta categoría na edición de 2022. Este relato narra a aventura de dous vellos amigos desde a infancia que busca unha ave especial polas fragas do Eume, entre outros lugares.

Fina Casalderrey, académica da RAG, que participou no acto de entrega de premios
Fina Casalderrey, académica da RAG, que participou no acto de entrega de premios | Fonte: RAG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta