Por admin | Compostela | 24/02/2023
Son paciente diagnosticado con síndrome linfoproliferativo crónico tipo Leucemia Crónica estado II-B de Rai e cardiopatía hipertensiva con FIVE conservada. O pasado día 24 de xaneiro de 2023 a miña hematóloga solicitoume un TAC con carácter preferente (máximo 15 días por aplicación analóxica do artigo 10.2.b. da orde do 13 de xullo do 2004) indicando na solicitude o límite de 1 mes para súa realización.
Posteriormente cando faltaban 8 días para cumprirse o prazo póñome en contacto co servizo de radioloxía e se me comunica, sen explicación ou xustificación algunha, que a proba solicitada non se realizará ata o mes de abril e que a data serame notificada telefonicamente ou por escrito. O cambio de data será comunicada directamente por radioloxía a hematoloxía.
O día 20 deste mes, tamén telefónicamente, se me informa que a cita de do día 24 ca hematóloga para análise do TAC queda posposta “sine die” ata que se faga a proba solicitada.
O día 21 de febreiro, solicitei telefonicamente unha cita ca facultativa a través dos servizos administrativos de hematoloxía, sen recibir resposta algunha e hoxe non teño información sobre as causas da modificación e as consecuencias que elo poden ter para miña doenza.
Ante esta situación formulei reclamación formal por escrito ante a xerencia solicitando unha entrevista ca miña facultativa e estou a espera de que a mesma sexa respondida.
Xoán Fermín Rodríguez Martínez
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.