A escola do Eixo, en Santiago, ao borde da desaparición por falta de alumnado

Actualmente os esforzos por salvar a escola, céntranse na promoción das xornadas de portas abertas

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2023 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

A escola pública de educación infantil Gaioso é unha escola unitaria rural na que se imparten ensinanzas de segundo ciclo de infantil a crianzas entre os 3 e os 6 anos sen separación de idades. Fundada na parroquia do Eixo, a tan só 5 minutos de Santiago de Compostela, está en risco de peche por falta de alumnado para o curso 2023-2024.

Un alumno de Educación Infantil e Primaria, no inicio do curso escolar 2021-2022
Un alumno de Educación Infantil e Primaria, no inicio do curso escolar 2021-2022 | Fonte: Europa Press

Actualmente os esforzos por salvar a escola, céntranse na promoción das xornadas de portas abertas nas que as familias interesadas poden visitar as instalacións durante todo o mes de Febreiro en horario de mañá de luns a venres de 9:00-14:00 horas e en horario de tarde o próximo martes 28 de febreiro a partir das 17:00 horas previa chamada. O prazo de pre-matrícula comeza do 1 ó 20 de Marzo, datas nas que tamén será posible visitar a escola.

EEI Gaioso (O Eixo), EEI Bispo Teodomiro (Sixto-Marrozos) e a EEI do Rial (Laraño), as 3 últimas escolas rurais en Santiago están en proceso de tramitar a creación do Centro Rural Agrupado Compostela (CRA Compostela) pero para isto precisan cubrir o cupo mínimo de matrículas e de apoio institucional. Das tres escolas, Gaioso é a que está en situación crítica xa que só conta con 6 crianzas este curso e das que 2 rematan ciclo. EEI Bispo Teodomiro (Sixto-Marrozos) manteríase no límite con 6 matrículas e a EEI do Rial (Laraño) é a única onde non periga a súa supervivencia para o vindeiro curso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta