San Xoán de Río, a localidade de Ourense que aspira a converterse no "Silicon Valley" da Galicia Interior

Recibiou o premio de Escapping pola súa aposta pola transformación dixital no medio rural.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A plataforma turística Escapping, especializada na dixitalización de ximcanas e xogos de escape culturais destinados ao turismo familiar, vén de premiar ao concello galego de San Xoan de Río, como gañador do certame convocado con motivo da feira Fitur celebrada o pasado mes de xaneiro, e dirixido a poboacións españolas de menos de 5.000 habitantes.

San Xoán de Río (Ourense)
San Xoán de Río (Ourense) | Fonte: Ramon Reboledo en Wikipedia.

Con apenas 500 habitantes, esta pequena localidade da provincia de Ourense é unha das máis antigas de Europa, pero aspira a converterse no Silicon Valley da Galicia interior, pola súa aposta pola tecnoloxía e a dixitalización, chegando mesmo a espertar o interese de medios internacionais como como The Wall Street Journal.

Ademais da súa valente aposta pola transformación dixital no medio rural, os responsables de Escapping tamén valoraron o enorme patrimonio cultural e natural que San Xoan de Río ofrece aos seus visitantes.

O premio que Escapping.com outorga ao concello galego consiste no deseño e creación sen custe dunha ximcana dixital a través de teléfonos móbiles dirixida ao turismo familiar para descubrir e explorar todo o que ofrece esta vila galega, xogando dende o móbil con todo tipo de probas, misións e desafíos, utilizando a xeolocalización.

“Para San Xoan de Río é un orgullo recibir este importante galardón, en recoñecemento ao enorme esforzo que levamos realizando dende hai anos para dixitalizar as contornas rurais para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes así como dinamizar a súa economía. desenvolvemento", segundo Xosé Miguel Pérez, alcalde de San Xoán de Río.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta