Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/03/2023 | Actualizada ás 21:20
Dende se que fundou, a AEC Lacrar --Asociación Ecocultural-- vén celebrando o Día de Rosalía, e este ano non ía ser menos. O 23 de febreiro, na Taberna Lume e Ferro tivo lugar o primeiro evento do Slam Poetry Carral 2023, no que participaron un total de 13 poetas que recitaron as súas propias creacións e demostraron o enorme nivel cultural que ten Carral.
Nun local totalmente cheo dun público entregado, o acto contou coas actuacións de Zeltia Irevire e de Peter Doutor Própole e tivo a grande honra de estar apadriñado pola poeta Luz Fandiño, que agasallou aos presentes co seu agarimo e cun discurso cargado de emoción. Dende a AEC Lacrar agradecen de corazón a súa colaboración e axuda, así como as súas palabras de ánimo.
A gañadora deste primeiro evento, que terá a súa segunda entrega o 23 ou 30 de marzo tamén no Lume e Ferro, foi a poeta carralexa Lucía Ugarte (@debajodelapalmera) que conseguiu a súa primeira victoria nun poetry slam e pasa directamente á gran final do Poetry Slam Carral 2023 onde se unirá ás gañadoras que quedan por vir.
Dende este colectivo animan xa a inscribirse --aquí o formulario-- para o 2° evento Poetry Slam Carral 2023, que está por decidir se será o día 23 ou 30 de marzo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.