O 9 de marzo como Día do Naturalismo Galego, unha proposta "made in Galicia"

Os naturalistas alertan do "gran desastre" e "crime perfecto" que se perpetrará nas costas galegas coa eólica mariña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2023 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Diversas asociacións ambientais e ecoloxistas propuxeron o 9 de marzo, data de nacemento do Pai Martín Sarmiento, como Día do Naturalismo Galego, de forma que se recoñeza e reivindique non só esta rama da ciencia, senón tamén a figura do propio Sarmiento como "un dos primeiros naturalistas de Galicia".

Nun acto celebrado este mércores na sede do Consello da Cultura Galega (CCG), os naturalistas Rafael Loureiro e Damián Romay presentaron o comunicado sobre a proposta civil "que busca pór a atención na importancia da natureza".

Participaron tamén a presidenta do Consello, Rosario álvarez; o presidente da Real Academia Galega de Ciencias Naturais, Juan Lema; e, como asinantes do escrito, Ramsés Rodríguez de Adega; o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), o vicepresidente de Hábitat, Santiago Vázquez Casás; e o representante de Verdegaia, Joao Tamayo.

O impulsor da iniciativa, Rafael Loureiro, incidiu en que a iniciativa servirá para "vindicar o naturalismo galego, con moitísimos anos de traballo, e para dar a coñecer a obra naturalista de Sarmiento, aínda por coñecer". "Traballouse moito desde o punto de vista lingüístico, pero non desde o naturalismo", precisou.

Destacou tamén "a maneira de chegar" a esta proposta, que cualificou de 'made in Galicia', sen que medie "a burocracia". "Aquí non pedimos nin DNI nin firmas, só a adhesión de vontades libres. Cando un galego dá a súa palabra xa vale. Non é necesario avalar o día, é unha cuestión da vontade dos galegos. A sociedade civil di que o vai a celebrar e faino", comentou.

COMUNICADO OFICIAL DA PROPOSTA

Cosme Damián foi o encargado de ler o comunicado conxunto da iniciativa, no que puxo en valor o traballo de Sarmiento, "sabio e estudioso da natureza de Galicia que necesita un maior recoñecemento social e político, para garantir que o naturalismo se inclúe nos currículos escolares e universitarios".

O presidente da Real Academia de Ciencias centrou a súa intervención na necesidade de "transmitir á sociedade os valores da cultura científica e o poder transformador da ciencia". Ademais, puxo en valor que se trate dunha iniciativa civil. 

Pola súa banda, a Sociedade Galega de Historia Natural destacou o "natural" de defender unha iniciativa como esta, tendo en conta que a súa lema é "estudar, divulgar e defender o patrimonio natural galego, que é o que Sarmiento fixo durante moitos anos". "É unha pena que ese estudo e esa divulgación sexa tan desprezado polos que deberían aprecialo, que son os gobernantes", apostilou.

EÓLICA MARIÑA

Nos mesmos termos expresouse o representante de Adega, que incidiu en que sexa unha iniciativa civil, ademais de lamentar a "deterioración continua e incesante do malogrado patrimonio natural galego", que exemplificou co boom eólico. "Non queda nada por estragar", aseverou, motivo polo que animou á sociedade a "saír a bulleirais e montes e aprender, divulgar e amar o patrimonio natural".

Todas as agrupacións presentes no acto mostraron a súa preocupación pola nova planificación eólica mariña que, para a Federación Ecoloxista Galega, "pon ao capital por encima dos postos de traballo do mar", ademais do dano ambiental. "Será un gran desastre", aseveran.

Imaxe do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, obxecto de numerosos lumes
Imaxe do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, obxecto de numerosos lumes | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Tratam-nos como servos e ao País como colónia, a sua única política cara nós é a emigraçom, e ainda votamos aos partidos madrilenhos! Algo passa nos miolos dos galeg@s