Unha nova morte por COVID eleva a 4.080 os falecidos en Galicia por esta enfermidade

Segundo a información publicada este venres polo Sergas, actualmente hai en Galicia 971 casos activos de Covid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2023 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

Un novo falecemento nas últimas horas elevou a 4.080 o número de persoas que morreu en Galicia con Covid, segundo os datos trasladados pola Consellería de Sanidade este venres (con información recollida ata as 18,00 horas do xoves). O último deceso rexistrado foi o dun home de 95 anos de idade, que faleceu o pasado mércores na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Segundo a información publicada este venres polo Sergas, actualmente hai en Galicia 971 casos activos de Covid, 66 máis que os notificados o día anterior, e están rexistrados 83 contagios novos nas últimas horas. Do total de persoas enfermas, hai 120 hospitalizados: 116 en unidades convencionais e 4 en unidades de coidados intensivos.

Por áreas, a da Coruña e Cee presenta o maior número de casos activos, con 191 enfermos (14 máis que hai un día); na área de Santiago e Barbanza hai 181 casos activos (13 máis); na área de Ourense, hai 167 persoas rexistradas con Covid (17 máis); na área de Lugo, Monforte e A Mariña hai 127 casos (6 máis); en área de Vigo son 121 casos activos (6 máis); e na Ferrol hai 70 casos (2 máis). Desde o inicio da pandemia, curáronse do Covid 690.209 persoas, e administráronse máis de 7,6 millóns de doses da vacina contra a infección.

Un neno recibe a vacina contra a Covid-19
Un neno recibe a vacina contra a Covid-19 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta