Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2023 | Actualizada ás 18:19
Representantes da confraría de Mugardos e da Santiago Apóstolo de Barallobre, en Fene, trasladou a súa "resignación" tras manter este venres unha reunión con representantes da Consellería do Mar para estudar as posibilidades de acollerse a un paro biolóxico na ría de Ferrol nun contexto de baixa produción marisqueira nos bancos.
Tras o encontro, no que participaron a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, o patrón maior do depósito de Barallobre, Jorge López, explicou que a esta medida só poderían acollerse "un 20% dos 120 socios".
Así, en declaracións a Europa Press precisou que "terceiras listas e marisqueiro a pé" deberían de ter traballo mínimo de 120 días nos últimos dous anos; mentres que os tripulantes deberían de acollerse a un ERTE.
López incidiu que o principal problema que se atopan os profesionais do mar na ría de Ferrol é a falta de produto. Ademais, sostivo que a Xunta "está a tratar de atallar o problema" e de "rexenerar os bancos". Con todo, sinalou que xa levan cinco anos e que "a cousa non mellora".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.