Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/03/2023 | Actualizada ás 13:50
Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a un home que foi sorprendido camiñando pola rúa cunha escopeta oculta nunha das perneiras do seu pantalón.
Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado luns pola tarde, cando unha dotación do 091 observou a un home que camiñaba pola rúa de maneira estraña, mentres se agarraba unha perna, coma se tratase de ocultar algo.
Ao decatarse da presenza policial, o sospeitoso tentou eludir aos axentes, fuxindo e refuxiándose nun establecemento. No entanto, foi finalmente interceptado polos funcionarios.
Ao identificalo e cachealo, os policías atoparon a escopeta que levaba escondida e o propio home recoñeceu que non ten permiso de armas. Por estes feitos, foi detido como presunto autor dun delito de tenencia ilícita de armas e, posteriormente, foi posto a disposición xudicial, xunto coa arma intervida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.