A Xunta acusa ao BNG dunha "campaña de ataque" que afecta "ao clima interno" na CRTVG

Os nacionalistas piden unha CRTVG que non estea "supeditada aos intereses do PP".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2023 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asegurou que a "constante campaña de ataque aos medios públicos" e de "permanente presión política" que leva a cabo o BNG é o que "está a afectar ao clima na CRTVG".

Así o manifestou este mércores no pleno da Cámara galega, onde deu resposta a unha pregunta formulada pola deputada do Bloque María González Albert, quen pediu ao Goberno galego que cumpra coa lei e substitúa á dirección xeral da CRTVG por estar "supeditada aos intereses do PP". Ademais, a nacionalista referiuse a a folga mantida por traballadores e denunciou "represalias e represión" contra o persoal coa escusa dunha suposta "reestruturación".

Respecto diso, Diego Calvo criticou que os nacionalistas acusen "sen pór encima nin un só dato" e asegurou que, fronte á posición "profundamente intervencionista" do BNG, a Xunta defende "uns medios públicos que funcionen con independencia e de acordo a criterios profesionais".

"Como cando teñen ocasión de controlar a TVG ou a Radio Galega así o fan, pensan que o resto facemos o mesmo pero non é certo", sostivo Diego Calvo, que se referiu a episodios ocorridos nos medios públicos durante o bipartito. "O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, mandou unha carta ao director da TVG para que non fosen aos seus actos porque consideraba que non se atendían como debían ser atendidos... Mesmo Beiras dicía que os coroneis da UPG prohibíanlle ir á radio", sostivo.

Por último, subliñou que a Xunta respecta o labor do director xeral da CRTVG, así como a de todos os profesionais. Estas explicacións chegan días despois dunha folga que, segundo o propio ente público, tivo un seguemento dun 30% e condicionou a emisión de varios programas, tanto na TVG como na RG.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, na entrevista no 'Bos Días' da TVG. CRTVG
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, na entrevista no 'Bos Días' da TVG. CRTVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Lois Diégfuez

Son ector habitual dos xornais dixitais en galego. Coido que a noticia ten que ter contraste sempre, cousa que nunca pasa, NUNCA na RTVG mudada na metralleta ideolóxica do PP ao xeito do vello e renovado NO-DO. E estrráñame agora, aquí, que fronte a esta nova non se ofreza o contraste por parte de quen é acusado cos amaños e inmoralidades habituais.

1 xurxosalgado

Boas. É importante que lea ben a información para comentar con propiedade. Esta noticia parte dunha intervención do vicepresidente da Xunta no Parlamento en resposta a unha pregunta, precisamente, do BNG. E de feito, na propia información, que é da axencia Europa Press, facilitase o nome e as críticas que fai a propia deputada nacionalista. Pero, se vostede coñece a dinámica parlamentaria, saberá que nestas preguntas, os deputados que as fan, non teñen dereito á réplica. Polo tanto, a importancia dáselle á resposta que dá o conselleiro que, neste caso, contestou isto. Entendo que o BNG contestará a esta intervención con brevidade, e nese caso, tamén será publicada a súa resposta, como sempre fai este medio. E se quere máis información do que pasa na CRTVG aquí ten máis información: https://www.galiciaconfidencial.com... Ou directamente na nosa sección: COMUNICACIÓN Graciñas