O impacto da crise económica mundial: Galicia ten xa case 3.300 empresas "zombis"

Galicia ten o 7% das empresas que están case sen actividade do Estado. Son compañías vulnerables, que logran sobrevivir mediante a refinanciación de débeda deuda. Pero son empresas que detraen recursos financieros do sistema e incrementan os riscos de impago na cadea de valor nun momento de grandes turbulencias económicas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/03/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

As pequenas empresas están sufrindo, e moito, os envites da crise facendo números. E, aínda así, moitas delas están en estado comatoso. De feito, preto de 48.000 empresas que presentan as súas contas anuais nos rexistros mercantís do Estado poden considerarse zombis, delas, case 3.300 galegas, segundo un estudo realizado por Iberinform.

Pequena Empresa ( peme ) fechada
Pequena Empresa ( peme ) fechada | Fonte: EP

 

Unha empresa zombi é aquela que presenta unha rendibilidade baixa ou mesmo negativa, incapaz de xerar suficientes recursos para facer fronte aos custos financeiros que leva a devolución das súas débedas a curto e medio prazo. Estas empresas, altamente vulnerables, logran sobrevivir no mercado mediante o refinanciamento continuo da súa débeda. A súa existencia pode chegar a condicionar o desenvolvemento dunha economía, xa que no longo prazo teñen un futuro incerto, multiplican na súa actividade co resto do tecido produtivo os riscos de falta de pagamento e a prolongación da súa actividade impide que os recursos se reasignen a empresas máis eficientes.

 

Estas empresas vulnerables presentan polo menos dous exercicios consecutivos nos que os seus resultados operativos foron insuficientes para cubrir os compromisos derivados do seu endebedamento financeiro. Unha situación que pode empeorar aínda máis este 2023 xa que o endurecemento progresivo dos tipos de interese iniciado en 2022 vaise ver agravado pola longa guerra en Ucraína e a inestabilidade bancaria nos Estados Unidos.

Unha persoa pasa por diante dun comercio pechado. Eduardo Parra - Europa Press
Unha persoa pasa por diante dun comercio pechado. Eduardo Parra - Europa Press

 

O tamaño é un factor que inflúe na capacidade dunha empresa para sentar a renegociar cos seus acredores financeiros, pero o estudo de Iberinform mostra que o fenómeno das empresas zombis dáse en todos os segmentos: na súa gran maioría trátase de microempresas (57% do total), seguidas por pequenas (30%), medianas (9,2%) e grandes empresas (3,9%). 

 

SECTORES AFECTADOS

 

Por sectores de actividade, o maior número de empresas zombis encádrase no da construción e a actividade inmobiliaria (22% do total), seguido polo comercio (21%) e a industria manufacturera (14%). En canto á súa distribución territorial, case a metade das empresas vulnerables concéntrase nas comunidades de Madrid (21%), Cataluña (19%) e Valencia (10%) en liña co maior nivel de actividade empresarial destas zonas. Séguenlle Andalucía, (9,9%), Galicia (6,7%), País Vasco (6,0%) Castela e León (4,3%), Aragón (4,1%), Canarias (3,7%) e Castela-A Mancha (3,2%).

 

PROBLEMAS

 

E a inestabilidade económica está provocando que as pequenas empresas galegas poidan quedar descolgadas da recuperación. Así o advirte o Indicador sobre a Situación da Peme publicado en 2022 por Cepyme que suliña que a pequena e mediana empresa española aínda atravesa a situación máis difícil que viviu o tecido empresarial desde o 2014.

 

Entre os principais problemas están os elevados custos que teñen que afrontar os empresarios, unha importante perda de produtividade e unha menor rendibilidade. Ademais hai unha importante reducción das marxes de beneficios o que deriva nun empeoramento de liquidez e competitividade. Para o conxunto das pemes os custos totais subiron máis dun 20% o pasado ano, especialmente por subministracións e enerxía e os custes laborais, mentres que as vendas creceron un 19,8 %. 

Por iso, Cepyme advirte que a viabilidade das pequenas e medianas empresas está en xogo, posto que a pandemia obrigoulles a endebedarse, ao que se suma o esborralle da súa rendibilidade. Unha situación á que tampouco axuda a situación económica internacional, cunha guerra en Ucraína sen trazos de acabar e un problema bancario en EE.UU. que pode arrastrar ao sistema financeiro europeo.

AUTÓNOMOS

A situación tapuco é mellor para os autónomos. O sector despediu 2022 con 1.204 afiliados menos en España, onde suman 3.325.252, o peor ano desde 2012.  E entre os lugares onde máis retrocedeu o emprego por conta propia está Galicia. Hoxe ten 2.897 autónomos menos (-1,4 %) dos 208.809 que tiña ao comezo do 2022. Só A Rioxa (-1,9 %) e Castela e León (-1,5) anotáronse peores resultados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta