Por Galicia Confidencial | Lousame | 21/01/2015 | Actualizada ás 11:00
O Partido da Terra impulsará, tamén, candidaturas municipais. Será en Lousame, onde acaba de poñer en marcha un proceso aberto e autónomo para definir a lista que presentará a candidatura veciñal Terras de Lousame.
O Partido da Terra di que renuncia a calquera protagonismo ou interese particular, para que sexan os veciños, di, os que sexan os “protagonistas”. “preocupadas, como nós, que das municipais de maio dependa que Lousame continue como município ou, pola contra, acabe sendo anexionado por Noia", explica Iolanda Mato, unha das promotoras.
A decisión do PP de presentar o ex-alcalde de Lousame, Santiago Freire, como candidato en Noia e á súa antiga tenente de alcalde e hoxe alcadesa, Teresa Villaverde, en Lousame, é un dos motivos para a presentación de Terras de Lousa. “Isto é entendido por moitos veciños como unha manobra previa ao proceso de fusión, que é defendido publicamente polo Partido Popular, como evidencian as declaracións do alcaide de Ferrol2”, apunta.
Por iso, considera que unha candidatura deste tipo é a mellor forma de evitar a fusión, que levan denunciando desde hai tres anos, e promover unha nova forma de autogoberno asembleario para as parroquias e lugares de Lousame, “na que a veciñanza poida decidir sobre os gastos, obras e servizos que deben facerse, fronte o actual modelo de dependencia caciquil”.
“As vizinhas que integrem a candidatura comprometem-se a assumir estes pontos básicos assim como um princípio ético que submete os futuros concelhais ao que determinem as assembleias paroquiais que os elegeram e que impede que poidam cobrar polo labor de transimitir a vontade vizinhal no plenário”, engade esta formación.
O período para se presentar a candidatura estará aberto até día 1 de febreiro ou até que se complete o número mínimo de demandantes, que se fixa en dous por cada unha das parroquias de Lousame. Só é necesario enviar mensaxe indicando o nome e datos de contacto a través do facebook Terras de Lousame ou ao correo electrónico info@partidodaterra.net.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.