O Festival Revenidas vai completando cartel

Celebrarase en Vilaxoán do xoves 7 ao domingo 10 de setembro. Contará con bandas destacadas da escena galega, estatal e internacional, pero tamén con outras emerxentes e míticas galegas como, por exemplo, Lamatumbá ou Herdeiros da Crus

Por Galicia Confidencial | Vilagarcía de Arousa | 10/03/2023 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do xoves 7 ao domingo 10 de setembro, vai completando pouco a pouco o seu cartel. E faino seguindo a súa filosofía de incluír destacadas figuras da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestión como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas.

Grupo Desakato. Foto: F. Revenidas.
Grupo Desakato. Foto: F. Revenidas.

Neste segundo avance de cartel, a organización deu a coñecer máis nomes: Ana Tijoux, unha chilena que protesta a ritmo de hip hop; unha figura da música de raíz actualizada como é o asturiano Rodrigo Cuevas; referentes do rock combativo español como Desakato, Los Chikos del Maiz ou Tropa do Carallo (o novo grupo de Evaristo Paramós); nomes da nova escena do rap estatal como K1ZA; da escena emerxente galega estará O Rabelo ou Arrythmia; e non faltarán tampouco bandas que xa son parte da historia da nosa música, como Rebeliom do Inframundo, The Skarnivals, Dakidarría, Lamatumbá e Heredeiros da Crus.

DAKIDARRÍA, LAMATUMBÁ E HEREDEIROS DA CRUS

No caso destes grupos, "tratarase de tres concertos moi especiais", refiren dende a organización. No caso de Dakidarría, aproveitarán o festival de Vilaxoán para celebrar o seu 20 aniversario cun concerto especial con convidados. O de Lamatumbá tamén o é porque supón a volta aos escenarios dun dos grupos galegos máis coreados, bailados e aclamados. E o de Heredeiros da Crus ten unha especialísima significación, porque será un dos primeiros concertos que realizarán tralo parón provocado pola enfermidade do seu vocalista Javi Maneiro.

ENTRADAS

Os abonos para os catro días do Revenidas xa están a venda a través da web www.revenidas.com. O prezo actual é de 57 euros (+ gastos de xestión)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta