Saint-Étienne, o Loira e os postes cadrados

O corazón do fútbol francés. O lugar onde se construíu a primeira liña ferroviaria da Europa continental. Unha das 69 “cidades creativas” do mundo segundo a UNESCO. Filla do Loira, do Pilat, e de sete outeiros. Unha das cidades con máis alma e forza no hexágono galo. Mineira, obreira, traballadora, creativa, acolledora, humana, francesa, multicultural, lendaria…. Saint-Étienne.

Por Homo ambulans - Guido Álvarez | Lugo | 22/01/2015

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Guido Álvarez
Guido Álvarez

É un dos bares máis alternativos e populares da noite luguesa. Tamén un famoso grupo británico do xénero indie pop. A todo mundo sónalle a cidade francesísima (con ese guión, ese acento e a dobre ene), e ós máis futboleiros a Platini e a histórico finalista da Champions League nos anos 70 (xa falaremos logo dos postes cadrados)… pero seguramente non tantos coñecen as características, as singularidades e o percorrido histórico stéphanois, un ángulo fundamental da historia moderna de Francia.

Entre o Loira e o Ródano (dous dos ríos máis importantes do país), nun curruncho estratéxico entre París, Suíza, Alemaña e o Mediterráneo, a historia antiga de Saint-Étienne está ligada especialmente á economía mineira,téxtil, metalúrxica e armamentística (non en vano nalgún momento foi coñecida como a cidade “da arma, do anel e da cinta”). Na historia máis moderna o está á economía alimentaria, pois é o berce dunha das multinacionais máis grandes deste sector no planeta: o grupo Casino (Monoprix, Leader Price, SPAR, Pão de Açúcar, Devoto, Disco, Jumbo…  están en todos lados). E sen esquecer, por suposto, que nesta cidade constríuse (en unión con Lyon) a primeira liña de ferrocarril da Europa continental.

Culturalmente destaca por ser unha das 69 vilas do mundo que conforman a rede de cidades creativas UNESCO, que premia ás cidades con maior potencial creativo, social e económico do planeta. Saint-Étienne é concretamente unha das únicas 16 da categoría “vilas do deseño” que completan nada menos que Bos Aires, Berlín, Montreal, Pekin, Bilbao, Curitiba, Dundee, Helsinki, Turín, Graz, Seúl, Nagoya, Kobe, Shenzen ou Shangai.

En Saint-Étienne comeremos rapée (unha especie de tortilla típica da zona), pasearemos por unha enorme rúa que cruza a cidade (a Grand Rue), tomaremos deliciosos cafés e “macarons” a pleno sol na Place du Peuple durante o verán, degustaremos algún manxar nos restaurantes da Praza Jean Jaurès, xogaremos coa neve nalgún dos sete outeiros durante o inverno, asistiremos os festivais das “Sept Collines” ou das “Roches Celtiques”, escoitaremos infinidade de recitais de rap, visitaremos os museos da Mina ou a “Cité du design”, bañarémonos no Loira (no fermoso balneario de Saint-Victor)… e sobre todo escoitaremos lendas moi especiais.

Guido Álvarez
Guido Álvarez

As armas, a quincaillerie, os lazos, a mina, Geoffroy Guichard, Casino, as sete colinas, a Grand Rue, o número 42 (departamento quarante deux)… son moitos os mitos e símbolos que conforman a identidade stéphanoise. Pero seguramente é o fútbol un dos motivos que máis provoca ás emocións e á imaxinación dos habitantes de Saint-Étienne.

Aínda hoxe é a ASSE (Association sportive de Saint-Étienne) o equipo máis laureado do campionato francés, da League 1. Dez títulos (nun campionato moi lonxe de ser bicéfalo coma o español) avalan a historia deste clube que din que -cando menos nalgún momento da historia- foi o máis querido polos franceses (ou polo menos era o que tiña máis simpatizantes).

 A febre verde non foi algo anecdótico: empezou nos 60, consolidouse nos 70 e prolongouse nos 80 (época na que Platini vestiu a elástica da ASSE)… case vinte anos de dominio dun equipo humilde e peleador que conquistou o corazón de todo o país e que fixo soñar a unha cidade nun día moi concreto: o 12 de Maio do 1976.

Les poteaux carrés (os postes cadrados)

Cando escoitei falar dos poteaux carrés, cando escoitei que un dos maiores festivais musicais da cidade chámase así… non sei porqué, pero lembreime daquela expulsión de Andrade en Riazor. E imaxinei que na Coruña houbese tamén un festival chamado “Deco Festival”… ¿Qué galego non se lembra do 21 de Abril do 2004, daquela semifinal entre o Depor e o Oporto? Pois algo así ou algo máis forte debeu ser o 12 de Maio do 76 en Saint-Étienne. Un equipo célebre e triunfador naquela época, si, pero sen deixar de ser un equipo dunha cidade media coma a Coruña… que se poñía na final da Copa de Europa contra o todopoderoso Bayern Munich.

Os verdes eliminaban o  KB Copenhague, ós Glasgow Rangers, ó Dynamo Kiev do balón de ouro Oleg Blokhine na prórroga,  o PSV Eindhoven… e chegaban á final. Milleiros de franceses desplazábanse para non perderse unha posible fazaña histórica dos seus guerreiros… pero os paos de Hampden Park eran cadrados. Non eran redondeados. 1 a 0 para os municheses do Bayern e dous balóns pinchados aos postes polos franceses… e unha lenda para sempre…


Guido Álvarez

Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985) Diplomado en Turismo, máster en Planificación e máster europeo en Paisaxes Culturais. Percorrido formativo e profesional en varios países europeos, entre as súas experiencias destacan o seu traballo durante tres anos nos observatorios turísticos do CETUR (Santiago de Compostela) e a súa participación nos programas de estudos Maclands, Leonardo e Erasmus.

 

Todos os artigos de Guido Álvarez aquí.

 

Guido Álvarez
Guido Álvarez
Guido Álvarez
Guido Álvarez
Guido Álvarez
Guido Álvarez
Guido Álvarez
Guido Álvarez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Guido Álvarez Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985) Diplomado en Turismo, máster en Planificación e máster europeo en Paisaxes Culturais. Percorrido formativo e profesional en varios países europeos, actualmente traballa en Francia. Entre as súas experiencias destacan o seu traballo durante tres anos nos observatorios turísticos do CETUR (Santiago de Compostela) e a súa participación nos programas de estudos Maclands, Leonardo e Erasmus. Blogue Twitter