Destinan máis de 14 millóns para incorporar 7.700 profesionais estatutarios temporais do SERGAS

O executivo galego destacou que se adianta un mes e medio á data prevista para levar a cabo o abono do primeiro complemento retributivo, que se producirá neste mes de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia destinará un total de 14,5 millóns de euros a incorporar ao grao I da carreira profesional a un total de 7.705 profesionais estatuarios temporais do Servizo Galego de Saúde (Sergas). O Consello deu este mércores o seu visto e prace á resolución do procedemento extraordinario polo que estes profesionais obterán un incremento retributivo medio do 6%.

Con esta resolución, o Executivo galego destacou que se adianta un mes e medio á data prevista para levar a cabo o abono do primeiro complemento retributivo, que se producirá neste mes de marzo, e que terá efecto retroactivo a 1 de xaneiro de 2023.

Así, a Xunta destacou que consignou unha partida de 14,5 millóns nos seus orzamentos anuais para abonar esta mellora retributiva. Na presente convocatoria solicitaron o acceso ao grao I da carreira profesionais un total de 8.031 profesionais do Servizo Galego de Saúde, dos que 7.986 cumpriron os requisitos para solicitar carreira e, un total de 7.705 obtiveron o recoñecemento do grao tras superar a avaliación.

O acceso ao grao I de carreira profesional suporá un incremento anual bruto de 3.345 euros no caso dos licenciados sanitarios; de 2.090 euros para o persoal diplomado; de 2.692 euros para o grupo A1 de xestión e servizos; de 1.884 euros para ou persoal do grupo A2, 1.215 euros para o grupo C1 e técnicos FP C1; de 1.031 euros para o grupo C2 e técnicos FP C2, e de 833 euros para o grupo AP de xestión e servizos.

Así, do conxunto de persoal sanitario que accederá a este complemento retributivo, o 53% son sanitarios universitarios, o 24% son sanitarios de formación profesional, o 2% son universitarios de xestión e servizos, e o 21% son profesionais doutras categorías de xestión e servizos. Ademais, por sexos, o 87% son mulleres e o 13% son homes.

Unha vez resolta esta convocatoria do ano 2022, convocarase durante o segundo semestre o ano o procedemento de acceso aos graos I e IV de carreira profesional correspondente á convocatoria do ano 2023, e tramitarase un procedemento extraordinario de acceso ao grao II dirixido a persoal estatutario temporal.

Rueda, na comparecencia posterior á reunión semanal do seu Executivo.. Xunta de Galicia
Rueda, na comparecencia posterior á reunión semanal do seu Executivo.. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta